Tamsin Omond, nada o 19 de novembro de 1984, é unha autora, activista ambiental e xornalista británica. Fixo campaña para que o goberno do Reino Unido tome medidas para evitar o cambio climático provocado polo ser humano. En 2009, Omond foi incluída na lista "Top 30 Power Players Under-30" do xornal The Sunday Times.

Traxectoria Despois de completar a súa educación secundaria na Westminster School, Omond graduouse no Trinity College en Cambridge, e obtivo tamén un máster en Ecoloxía e Xustiza social en The Open University. Omond é a neta de Sir Thomas Les, un barón inglés.https://www.telegraph.co.uk/news/3197706/Cambridge-graduate-banned-from-Palace-of-Westminster.html The Telegraph, 14 de outubro de 2008, Cambridge graduate banned from Palace of WestminsterTamsin Omond: Eco starlet The Sunday Times, 14 de decembro de 2008

En 2009, Omond publicou o libro Rush!: The Making of a Climate Activist. Escribiu ademais artigos sobre cristianismo, cambio climático e dereitos humanos que foron publicados en Church Times, The Ecologist, The Guardian, Evening Standard e The Mail on Sunday.

Omond orixinalmente fixo campaña como membro do grupo activista Plane Stupid, aínda que xa non é parte dese grupo. É tamén fundadora do grupo activista Climate Rush. Organizaron unha serie de protestas de alto nivel, incluída a escalada ao teito da Cámara dos Comúns para protestar contra a aviación, polo que foron arrestados e rescatados co compromiso de non volver acceder ao Parlamento. En outubro de 2008, incumpriron esta condición ao organizar unha carreira de 500 persoas contra o Parlamento do Reino Unido. Isto provocou que se lles volvese a deter e foran ameazados con penas de prisión por incumprimento da liberdade baixo fianza. En lugar diso, foron rescatados cun aumento das condicións da fianza para prohibirlles achegarse a menos dun quilómetro do Parlamento. Tamén organizou protestas contra a ampliación do aeroporto de Londres-Heathrow, e máis tarde uniuse ao Partido Verde de Inglaterra e Gales.

Omond explica que todas estas accións están inspiradas nas sufraxistas, que usaran a acción directa para conseguir que as mulleres puidesen votar no Reino Unido a principios do século XX. De feito, chegouse a vestir como unha sufraxista para participar nunha protesta sobre o uso dos coches dirixida contra o automobilista e xornalista especializado en automobilismo Jeremy Clarkson. Por todo iso, realizouse unha película independente sobre a conexión de Omond coas técnicas de campaña do movemento do sufraxio feminino.

Política Omond presentouse como candidata ás eleccións xerais do Reino Unido en 2010 na recentemente creada circunscrición de Hampstead e Kilburn. Creou un novo partido independente, The Commons, e propúxose involucrar aos mozos nas eleccións e promover a sostibilidade a nivel local. Tamén foi eloxiada polo xornalista Giles Coren. Conseguiron 123 votos (0.2% do total de votos emitidos).

En 2015, volveu presentarse ás eleccións xerais de 2015 no distrito electoral de East Ham polo Partido Verde de Inglaterra e Gales e quedou en cuarto lugar, por diante do candidato demócrata liberal, logrando o 2.5% dos votos.

Recoñecementos En 2009, Omond entrou no "Top 30 Power Players Under-30" elaborado polo periódico The Sunday Times. Ese mesmo ano, tamén foi incluída no posto 56 da "Pink List" do Independent on Sunday's, unha lista dos 101 homes e mulleres homosexuais máis influentes de Gran Bretaña.

Obra

2009 – Rush!: The Making of a Climate Activist. Marion Boyars Publishers Ltd. ISBN 978-0714531465.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Tamsin Omond en The Guardian Tamsin Omond en The Independent

Categoría:Nados en 1984 Categoría:Nados no Reino Unido Categoría:Ecoloxistas do Reino Unido Categoría:Persoas non binarias