Manuel Calderón de la Barca Herce Collantes Varela, I marqués de Algara de Gres, nado en 1833 e finado na Coruña o 23 de febreiro de 1901,La Voz de Galicia, 26-10-1901, p. 3.La Voz de Galicia, 25-10-1901, p. 3. foi un político español.

Traxectoria Fillo máis vello de Saturnino Calderón Collantes. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, pola que foi doutor. Militou na Unión Liberal. Foi elixido deputado polo distrito de Celanova en 1858, volveu ser elixido deputado polo mesmo distrito en 1863, e polo distrito de Ourense en 1865. O 23 de decembro de 1875 o rei concedeulle o título de marqués de Algara de Gres en recoñecemento polos servizos do seu pai á monarquía.El Diario de Santiago, 19-10-1875, p. 2. Foi senador pola provincia da Coruña en 1877 e 1878. Foi socio de número da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago e da Academia de Belas Artes da Coruña e vogal do Consello provincial de Agricultura, Industria e Comercio.

Recoñecementos Cabaleiro gran cruz da Orde de San Gregorio o Magno e da de Villaviciosa de Portugal.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Senado Un marquesado para la historia

Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados Categoría:Senadores de España Categoría:Nados en 1833 Categoría:Finados en 1901 Categoría:Políticos da Unión Liberal Categoría:Nobres de España