Gustave Guillaume, nado en París o 16 de decembro de 1883 e finado na mesma cidade o 3 de febreiro de 1960, foi un lingüista francés.

Traxectoria

Autodidacta, foi descuberto en 1909 por Antoine Meillet, quen o animou a procurar novas vías dentro da lingüística. A principal contribución de Guillaume foi a elaboración da teoría do psicosistema, máis coñecida como guillaumismo e considerada unha disciplina precursora da psicolingüística. Tamén foi coñecida como psicomecánica e é talvez a teoría lingüística francesa con máis vocación de internacionalidade. Obra Publicou libros sobre ciencia da linguaxe' e morfosintaxe. A súa obra con maior repercusión: Temps et verbe. Théorie des aspects, des modes et des temps (Tempo e verbo, teoría dos aspectos, os modos e os tempos, 1929). Véxase tamén

Ligazóns externas

Fondos Gustave Guillaume (en francés).

Categoría:Nados en París

Categoría:Nados en 1883

Categoría:Lingüistas de Francia