Xosé Luís Couceiro Pérez, nado en Feás (Aranga) o 2 de marzo de 1942, é un filólogo e profesor galego.
Traxectoria miniatura|Panel sobre Carballo Calero e a 1ª promo. de Filoloxía Galego-Portuguesa da USC. Licenciouse en Letras nas universidades de Navarra e USC, na que presentou a súa tese de doutoramento sobre a fala da súa terra, Feás (Anexo 15 de Verba).
Foi profesor titular de universidade ata a súa xubilación no Departamento de Filoloxía Galega na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Dirixiu numerosas teses de doutoramento, entre elas as dos escritores Román Raña (1992: "Lanza de soledá" na poesía galega de posguerra), Manuel Forcadela (1992: A poesía de Eduardo Pondal) e Xosé Ramón Pena (1994: Literaturaturas galegas de vangarda). As súas investigacións centráronse na literatura galega medieval.
Membro do ILG desde 1971, colaborou na edición de Galego I, Galego II e Galego III.
Colaborador de Verba. Anuario Galego de Filoloxía: 1974 ("Notas etno-lingüísticas en torno a la pesca de río en Galicia (río Mandeo)"), 1993 ("Manuel Taboada Cid"), 1997 ("As vocáis 'e', 'o' en rima na obra de Curros"). Tamén de Estudios Románicos: 2007-2008 ("Chiare fresche e dolci acque" e a literatura galega).
En 2009 o Departamento de Filoloxía Galega publicou A mi dizen quantos amigos ey. Homenaxe ao profesor Xosé Luis Couceiro, colectánea sobre el.
Publicacións
El habla de Feás (1976). Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-600-6862-5.
Publicacións colectivas
Homenaxe ao profesor Camilo Flores (1999). Coord. con Teresa García-Sabell Tormo, Manuel Míguez Ben, Emilio Montero Cartelle, Manuel Enrique Vázquez Buján, José María Viña Liste. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-8121-789-1. Cinguidos por unha arela común: homenaxe ó profesor Xesús Alonso Montero (1999). coord. por Rosario Álvarez Blanco, Dolores Vilavedra Fernández, Vol. 1, ISBN 84-8121-806-5, páxs. 595-627. "Correccións á edición da General Estoria de Ramón Martínez López", con Ramón Lorenzo Vázquez. As tebras alumeadas. Estudos filolóxicos ofrecidos en homenaxe a Ramón Lorenzo (2005). Con Ana Isabel Boullón Agrelo / Francisco Fernández Rei. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela Cada palabra pesaba, cada palabra medía. Homenaxe a Antón Santamarina (2008). M. Brea / F. Fernández Rei / X.L. Regueira (eds.), Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, 463-474 - Capítulo: "Máis datos para Moogo e Meogo" Estudios Románicos (2008): 16-17, 361-367 - Artigo: «Chiare fresche e dolci acque» e a literatura galega". Ao sabor do texto. Estudos dedicados a Ivo Castro (2013). Rosario Álvarez / Ana Maria Martins / Henrique Monteagudo / Maria Ana Ramos (eds.), Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela, 125-143 - Capítulo: "De santo Acisclo".
Notas
Categoría:Nados en Aranga Categoría:Nados en 1942 Categoría:Alumnos da Universidade de Navarra Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Filólogos de Galicia Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega