miniatura|Nenos nepalís lendo. O dereito á educación é un dereito humano recoñecido e enténdese como o dereito a unha educación primaria gratuíta obrigatoria para todo cidadán, unha obriga a desenvolver unha educación secundaria accesible para todos os nenos, como tamén un acceso equitativo á educación superior, e unha responsabilidade de prover educación básica aos individuos que non completaron a educación primaria. Adicionalmente a estas previsións sobre acceso á educación abarca tamén a obriga de eliminar a discriminación en todos os niveis do sistema educativo, fixar estándares mínimos e mellorar a calidade.

Tratados internacionais Este dereito está contido en numerosos tratados internacionais de dereitos humanos pero a súa formulación máis extensa atópase no Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais das Nacións Unidas, ratificado por case todos os países do mundo. O Pacto no seu artigo 13 recoñece o dereito de toda persoa á educación.

Contido do artigo 13 do Pacto miniatura|Selo de Romanía co artigo 32 da Constitución de Romanía que detalla o Dereito á Educación.

Os Estados conveñen en que a educación debe orientarse cara ao pleno desenvolvemento da personalidade humana e do sentido da súa obra cara a dignidade, e debe fortalecer o respecto polos dereitos humanos e as liberdades fundamentais. Conveñen así mesmo en que a educación debe capacitar a todas as persoas para participar efectivamente nunha sociedade libre, favorecer a comprensión, a tolerancia e a amizade entre todas as nacións e entre todos os grupos raciais, étnicos ou relixiosos, e promover as actividades das Nacións Unidas en prol do mantemento da paz. O ensino primario debe ser obrigatorio e accesible a todos gratuitamente. O ensino secundario, nas súas diferentes formas, incluso o ensino secundario técnico e profesional, debe ser xeneralizado e facerse accesible a todos, por cantos medios sexan apropiados, e en particular pola aplicación progresiva do ensino gratuíto. O ensino superior debe facerse igualmente accesible a todos, sobre a base da capacidade de cada un, por cantos medios sexan apropiados, e en particular pola aplicación progresiva do ensino gratuíto. Debe fomentarse ou intensificarse, na medida do posible, a educación fundamental para aquelas persoas que non recibiran ou non remataran o ciclo completo de instrución primaria. Debe proseguir activamente o desenvolvemento do sistema escolar en todos os ciclos do ensino, implantar un sistema adecuado de bolsas, e mellorar continuamente as condicións materiais do corpo.

Etapas de expansión e recoñecemento do dereito O dereito á educación é un dereito humano que ten como finalidade establecer unha educación primaria para todos os nenos e nenas, desenvolver unha educación secundaria accesible progresivamente a todos os nenos e nenas e o acceso á educación superior en función dos méritos. Este dereito impón ao Estado a obriga de dar unha educación básica ás persoas que non reciban a educación primaria. Ademais do acceso, o dereito a unha educación implica a obriga de eliminar a discriminación a todos os niveis do sistema educativo para establecer estándares mínimos e mellorar a calidade.

Katarina Tomasevski explicou que a aplicación do dereito á educación é un proceso continuo que pasa ordinariamente por catro fases:

Recoñecemento da educación como dereito, Segregación de certas categorías: mulleres, indíxenas etc. Paso da segregación á asimilación pola vía da integración, Adaptación á diversidade.K. Tomasevski, Informe á Comisión de Dereitos Humanos, 2010

Características esenciais do dereito á educación A primeira Relatora Especial da Organización das Nacións Unidas sobre o dereito á educación, fala de catro dimensións deste dereito. O esquema de 4-A (en inglés Available, Accesible, Acceptable, Adaptable) brinda un marco conceptual para fixar as obrigas dos gobernos sobre o dereito á educación: xerar educación dispoñible, accesible, aceptable, e adaptable figura igualmente na Observación xeral número 3 do Comité de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais de Nacións Unidas.

O marco conceptual brinda non só un conxunto de indicadores claves para a xestión da educación, senón tamén un esquema de vixilancia no marco do Consello de Dereitos Humanos das Nacións Unidas.

Dispoñibilidade: Debe haber escolas ou institucións educativas que cubran a totalidade da poboación.Os Estados deben garantir a provisión de suficientes infraestruturas educativas (institucións e programas) para todas as persoas. Estas deben estar equipadas con todos os materiais e as instalacións necesarias para funcionar adecuadamente no contexto específico, tales como edificios, equipos didácticos e materiais, persoal capacitado e adecuadamente remunerado, protección ante elementos naturais, instalacións sanitarias para ambos os sexos e auga potable.

Aceptabilidade: Os programas de estudo teñen que ser adecuados culturalmente e de boa calidade, aceptables polos titulares do dereito: alumnos e pais. Adaptabilidade: Isto significa que os programas deben adecuarse aos cambios da sociedade. Accesibilidade: Non se pode prohibir o acceso á educación xa sexa por cor de pel, relixión ou por razóns culturais

Aplicación miniatura|Aprendendo xeografía nunha escola Montessori. As leis internacionais non se manifestan respecto da educación pre-primaria, e polo xeral os documentos legais omiten esta fase. A pesar de que os nenos son considerados os principais beneficiarios do dereito á educación, a Declaración Universal dos Dereitos Humanos declara que todos teñen dereito a recibir educación.

O dereito á educación divídese en tres áreas:

Educación primaria: Debe ser obrigatoria e gratuíta para calquera neno sen importar a súa nacionalidade, xénero, lugar de nacemento, relixión, cor de pel ou calquera outro tipo de discriminación. Educación secundaria: Debe estar dispoñible e ser accesible. Educación superior: (nivel terciario, universitario). Debe proverse de acordo ás capacidades, é dicir, calquera que alcance os niveis académicos necesarios debe poder acceder a unha educación superior.

Tanto a educación secundaria como a superior, deben facerse accesibles "por todos os medios posibles, particularmente mediante a inclusión progresiva da educación libre".

Notas

Véxase tamén Outros artigos Acceso universal á educación Dereitos económicos, sociais e culturais Dereitos do neno Educación para todos

Categoría:Dereitos humanos Categoría:Teoría da Educación