Jānis Mendriks, nado en Aglona (Letonia, daquela parte do Imperio Ruso) o 21 de xaneiro de 1907 e finado en Vorkuta o 1 de agosto de 1953 na revolta do gulag soviético de Vorkuta, foi un cura católico letón. Traxectoria Nado en Letgallia, preto de Aglona, un territorio do antigo Imperio Ruso. Entrou na Congregación dos Padres Marianos no 1926 e foi ordenado sacerdote no 1938.

En 1950 foi preso e condenado a 10 anos nun campo de concentración en Vorkuta, na República dos Komis, onde estaba destinado a traballar nas minas de carbón da zona. Despois da morte de Iosif Stalin os detidos deste campo de concentración, na esperanza dunha liberación inminente, rexeitaran traballar. A policia do campo de concentración, ao entender que non conseguían convencer os presos a voltaren ao traballo nas minas, decidiu matalos.

O día 1 de agosto de 1953, Jānis Mendriks foi un dos primeiros en seren fusilados.

Na congregación dos padres marianistas é considerado un mártir.

Jānis Mendriks foi homenaxeado pola Igrexa católica como un Servo de Deus desde o ano 2003.

Véxase tamén

Categoría:Nados en 1907 Categoría:Nados en Letonia Categoría:Finados en 1953 Categoría:Sacerdotes católicos de Letonia Categoría:Sacerdotes da Igrexa católica latina Categoría:Sacerdotes católicos do século XX Categoría:Relixiosos católicos de Letonia Categoría:Marianos da Inmaculada Concepción