Arthur Ashkin, nado en Brooklyn o 2 de setembro de 1922 e finado o 21 de setembro de 2020, foi un científico estadounidense que traballou en Bell Laboratories e Lucent Technologies. Ashkin foi considerado como o pai das pinzas ópticas, "LaserFest – the 50th anniversary of the first laser" motivo polo cal foi galardoado co Premio Nobel de Física en 2018 á idade de 96, converténdose no Premio Nobel máis vello até que en 2019 lle foi concedido a John B. Goodenough, con 97 anos. Residía en Rumson, Nova Jersey.Former Bell Labs scientist, 96, wins Nobel Prize for laser 'optical tweezers' 2 de outubro de 2018
Ashkin comezou o seu traballo sobre a manipulación de micropartículas con luz láser a finais da década de 1960, o que resultou na invención de pinzas ópticas en 1986. Tamén foi pioneiro no proceso de captura óptica que finalmente se utilizou para manipular átomos, moléculas e células biolóxicas. O fenómeno clave é a presión de radiación da luz; esta presión pódese diseccionar en gradiente óptico e forzas de dispersión.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha en Nobelprize.org
Categoría:Nados en 1922 Categoría:Nados en Brooklyn Categoría:Finados en 2020 Categoría:Físicos dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade Cornell Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América Categoría:Premio Nobel de Física