Amblimation foi unha produtora de animación británica, subsidiaria de Amblin Entertainment. Foi creada por Steven Spielberg en maio de 1989, logo do éxito de Quen enganou a Roger Rabbit? (1988), e despois de rachar a relación de traballo con Don Bluth por mor de diferenzas creativas. Tiña a súa sede no que orixinalmente foi a fábrica D. Napier & Son en Acton, Londres, e tiña un equipo de 250 de membros de 15 nacións diferentes. Só produciu tres longametraxes: An American Tail: Fievel Goes West (1991), We're Back! A Dinosaur's Story (1993) e Balto (1995), todos os cales foron compostos por James Horner e distribuídos por Universal Pictures. A mascota da compañía, Fievel Mousekewitz, aparece no logo da produtora. O estudio pechou logo de só 8 anos de actividade e converteuse nun local de almacenaxe chamado Access Self-Storage. Os 250 membros do equipo de Amblimation uníronse a DreamWorks Animation, que logo foi adquirida en 2016 pola empresa matriz de Universal NBCUniversal por 3,8 mil millóns.

Filmografía Cinema Data de estrea Título Recadación 22 de novembro de 1991 An American Tail: Fievel Goes West 40,6 millóns de $ 24 de novembro de 1993 We're Back! A Dinosaur's Story 9.3 millóns de $ 22 de decembro de 1995 Balto 11,3 millóns de $

Televisión Back to the Future: The Animated Series (1991-1992) Fievel's American Tails (1992) (con Nelvana) Nota: As dúas series de televisión foron coproducidas con Universal Animation Studios.

Notas

Categoría:Produtoras de cinema do Reino Unido Categoría:Steven Spielberg