Lymantria dispar é unha especie de insecto lepidóptero da familia dos erébidos (antes, da dos limantríidos), de orixe eurasiática.

Orixinariamente habitaba en Europa e Asia, pero foi introducida en Norteamérica a finais da década de 1860.

Trátase dunha especie defoliante que, en España, ataca principalmente a especies do xénero Quercus, aínda que pode atacar a outras frondosas.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae co nome de Phalaena dispar.Lymantria dispar (Linnaeus, 1758) no GBIF. Consultado o 28 de abril de 2021.

Etimoloxía O nome científico Lymantria dispar componse de dúas palabras derivadas do latín. Lymantria significa "destrutor",Lymantria en Thr Free Dictionary. e a palabra dispar deriva da propia palabra latina que significa "separar", resaltando as diferentes características dos dous sexos.

Sinónimos Ademais do nome actualmente válido, a especie oñeceusa tamén polos sinónimos: Liparis dispar (Linnaeus, 1758) Ocneria dispar (Linnaeus, 1758) Phalaena dispar Linnaeus, 1758 (protónimo) Porthetria dispar (Linnaeus, 1758)

Subespecies Recoñécense as seguintes subespecies: Lymantria dispar subsp. dispar (Linnaeus, 1758) Lymantria dispar subsp. japonica Motschulsky, 1860 Lymantria dispar subsp. kolthoffi Bryk, 1949 Lymantria dispar subsp. koreibia Bryk, 1949 Lymantria dispar subsp. postalba Inoue, 1956 Lymantria dispar subsp. tsushimensis Inoue, 1956 Lymantria dispar subsp. umbrosa Butler, 1881

Características No seu estadio de imago presenta un marcado dimorfismo sexual: a femia ten ás características de cor branca; ademais é moi torpe, tanto que as da subespecie Lymantria dispar dispar son incapaces de voaren. O seu ciclo de vida dura un ano. As bolboretas aparéanse en xullo, colocando a posta en forma de características masas de cor amarela. Os ovos son moi resistentes ao frío. Na primavera eclosionan os ovos, e nacen as eirugas, que pasan catro ou cinco mudas até chegar á fase de imago.

Especie invasora O entomólogo afeccionado francés Étienne Léopold Trouvelot (1827-1895), por motivos que nunca se esclarecron, introduciu a especie nos Estados Unidos a mediados da década de 1860. Desde entón, a imparábel expansión desta avelaíña vén causando danos considerábeis nos bosques madeireiros de Norteamérica.

Nos Estados Unidos tratouse de combater a esta especie cun control biolóxico, cunha especie de avespa parasitoide dos ovos, Ooencyrtus kuvanae. Esta avespa é capaz de parasitar a moitas outras especies de lepidópteros. Entomology, Wisconsin Literature Review of Ooencyrtus Kuvanae: (Encyrtidae) an Egg Parasite of Lymantria dispar. Entomophaga. Tamén se introduciron dúas especies de escaravellos da familia dos carábidos, dúas especies de moscas parasitoides da familia dos taquínidos, e outras especies de avespas parasitoides da familia dos icneumónidos.Bugguide.net. Introduced Biocontrols.

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Barbosa, P. & Greenblatt, J. (1979): "Suitability, digestibility and assimilation of various host plants of the gypsy moth Lymantria dispar L. (Lepidoptera, Lymantriidae)". Oecologia 43(1): 111-119. Barbosa, P.; Waldvogel, M.; Martinat, P. et al. (1983): "Developmental and reproductive performance of the gypsy moth, Lymantria dispar (Linnaeus) (Lepidoptera, Lymantriidae), on selected hosts common to mid-atlantic and southern forests". Environmental Entomology 12(6): 1858-1862. Dwyer, G. & Elkinton, J.S. 1993. Using simple-models to predict virus epizootics in gypsy-moth populations. Journal of Animal Ecology 62(1): 1-11 Elkinton, J.S.; Healy, W.M.; Buonaccorsi, J.P.; Boettner, G.H.; Hazzard, A.M.; Smith, H.R. & Liebhold, A.M. 1996. Interactions among gypsy moths, white-footed mice, and acorns. Ecology 77(8): 2332-2342 Fullard, James H. & Napoleone, Nadia. 2001. Diel flight periodicity and the evolution of auditory defences in the Macrolepidoptera. Animal Behaviour 62(2): 349–368. PDF completo Gansner, D.A.; Herrick, O.W.; Mason, G.N. & Gottschalk, K.W. 1987. Coping with the gypsy moth on new frontiers of infestation. Southern Journal of Applied Forestry Research 11: 201-209 Gould, J.R.; Elkinton, J.S. & Wallner, W.E. 1990. Density-dependent suppression of experimentally created gypsy moth, Lymantria dispar (Lepidoptera, Lymantriidae), populations by natural enemies. Journal of Animal Ecology 59(1): 213-233 Porter, Jim. 1997. The Colour Identification Guide to Caterpillars of the British Isles (Macrolepidoptera). Viking, London. pp. 81 Rossiter, M.C. 1991. Maternal effects generate variation in life-history - consequences of egg weight plasticity in the gypsy moth. Functional Ecology 5(3): 386-393 Waring, P., Townsend, M. e Lewington, R. 2003. Field Guide to the Moths of Great Britain and Ireland. British Wildlife Publishing, Hook, UK. pp. 211 Weseloh, R.M. & Andreadis, T.G. 1992. Epizootiology of the fungus Entomophaga maimaiga, and its impact on gypsy moth populations. ''Journal of Invertebrate Pathology 59(2): 133-141

Ligazóns externas

asiangypsymoth.org Lagarta peluda en Marruecos Acerca de Entomophaga maimaiga Bugguide.net. Species Lymantria dispar - Gypsy Moth Species Profile- European Gypsy Moth (Lymantria dispar) , National Invasive Species Information Center, United States National Agricultural Library. Listas xerais informativas e recursos.

Categoría:Lepidópteros Categoría:Avelaíñas Categoría:Taxons descritos por Linné Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Especies invasoras animais