Jude Milhon, nada en Washington D. C. o 12 de marzo de 1939 e finada o 19 de xullo de 2003, máis coñecida polo pseudónimo St. Jude, foi unha hacker e autora residente na área de San Francisco.
A pesar de nacer en Washington D. C., pasou a maioría da súa infancia e adolescencia en Anderson, Indiana, onde participou activamente en prol dos dereitos civís, até o punto de ser encarcerada en diversas ocasións por desobediencia civil.
Traxectoria Comezou a programar tras a lectura dun libro titulado "Teach Yourself Fortran", pasando máis tarde a traballar, como programadora, para unha empresa de máquinas expendedoras para os establecementos de autoservizos "Horn and Hadart" de Manhattan. Influída pola cultura hippy uniuse ao movemento que se estendía por California e estableceuse en Berkeley, onde se uniu e animou a unirse a outras mulleres á cultura cibernética que comezaba a expandirse, dando orixe por exemplo ao primeiro sistema público de Rede, o coñecido como proxecto da Comunidade de memoria 1973.
Milhon acuñou o termo cypherpunk e foi membro fundadora dos cypherpunks, asociación que agrupaba aos defensores da privacidade dixital. Foi membro da asociación Computer Professionals for Social Responsibility, e autora de varios libros, entre eles The Cyberpunk Handbook (1995, O Manual do cyberpunk) e, xunto a R. U. Sirius, How to Mutate and Take Over the World (1996, Como mutar e dominar o mundo), con quen tamén fundou e editou a revista de cultura tecnolóxica Mondo 2000, na que Milhon traballou como redactora xefe até a súa morte.
En 1994 publicou un libro dirixido a aquelas mulleres que querían iniciarse no hacking, tratando de desmitificar o funcionamento da Rede, titulado: "Hacking the Wetware: The Nerd Girls Pillow-book" (Hackeo á rede húmida: O libro de cabeceira da moza en rede). Non pode esquecerse que, no seu inicio, a rede de computadores, que agora coñecemos como Internet, era propiedade de dous grupos de grandes dimensións, a saber, os militares de Estados Unidos, e un reducido número de universidades e institutos de investigación. Máis tarde a rede estendeuse a Europa para incluír o University College de Londres e estableceuse un radar real en Noruega.
A finais da década dos 90 do século XX, traballou como deseñadora web e como consultora de Internet.
Activismo e Visión St. Jude participou en moitas causas diferentes. Estivo activa no Movemento de Dereitos Civís dos anos sesenta axudando a organizar a marcha de Selma a Montgomery, Alabama. Tamén foi encarcerada por desobediencia civil en Jackson, Mississippi.
O activismo dentro da comunidade cibernética tamén foi importante para Milhon. Con frecuencia instou as mulleres a acceder a Internet e piratear mentres as alentaba a ser duras ante o hostigamento. A creación de cypherpunks tamén foi parte da súa política: os obxectivos de privacidade a través do cifrado.
Vida Familiar Judith Milhon naceu en Washington D.C., creceu en Indiana, nunha familia militar do Corpo de Marines.Casou con Robert Behling e logo tivo unha parella de 40 anos, Efrem Lipkin, quen tamén traballou en Community Memory. Tiña polo menos un fillo, Tresca Behling, e un neto, Emilio Zuniga.
Morreu o 19 de xullo de 2003, vítima dun cancro de mama.
Obra The Joy of Hacker Sex How to Mutate & Take Over the World: an Exploded Post-Novel. (1997)(con R. U. Sirius) Random House Cyberpunk Handbook: The Real Cyberpunk Fakebook (1995) (con R. U. Sirius e Bart Nagel) Random House
Hacking the Wetware: The NerdGirl’s Pillow Book (1994) (formato libro electrónico en Internet)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Irene Cívico e Sergio Parra (2018). Las chicas son de ciencias. 25 científicas que cambiaron el mundo Penguim Random House. ISBN 978-84-9043-882-4.
Ligazóns externas The WELL's St. Jude Memorial and Virtual Wake Entrevista por Rossie Cros en Wired Magazine Jude Milhon y los placeres del hackeo en Mujeres con Ciencia
Categoría:Nados en Washington, D.C. Categoría:Finadas por cancro de mama Categoría:Feministas dos Estados Unidos de América Categoría:Seguridade informática Categoría:Programadores