Looking é unha serie de televisión estadounidense para HBO creada por Michael Lannan e producida por David Marshall Grant, Sarah Condon e Andrew Haigh. Está protagonizada por Jonathan Groff, Frankie J. Alvarez, Murray Bartlett, Lauren Weedman, Russell Tovey e Raúl Castillo. A serie trata as experiencias de tres amigos gais que viven en San Francisco.

Looking foi gabada polo seu guión, a súa dirección e a interpretación do elenco, así como pola frescura do tratamento da temática LGTB. A pesar das boas críticas, a audiencia foi baixa, polo que se cancelou a serie trala segunda tempada. Porén, HBO creou un episodio especial para pechar a serie. O episodio especial saíu o 23 de xullo de 2016 nos Estados Unidos de América para HBO. En 2019, The Guardian cualificou Looking como unhas das "100 mellores series de televisión do século XXI".

Sinopse Patrick Murray é un mozo de 29 anos que traballa como deseñador de videoxogos en San Francisco, onde vive cos seus amigos Dom e Agustín. Patrick tende a ser inxenuo e en xeral tivo mala sorte no amor, pero as cousas cambian na súa vida após coñecer a Richie e posteriormente namorar do seu xefe, Kevin. Dom, pola súa parte, persegue o seu soño de abrir o seu propio restaurante co apoio da súa amiga Doris, e a axuda inesperada de Lynn, un empresario de éxito. Agustín ten problemas de convivencia co seu mozo Frank e a súa carreira artística atópase estancada, ao que se lle engade a súa tendencia a tomar drogas. Os tres irán facendo fronte a diferentes obstáculos ao tempo que desenvolven a súa traxectoria profesional e persoal.

Elenco e personaxes Principais Jonathan Groff como Patrick Murray. Frankie J. Alvarez como Agustín Lanuez. Murray Bartlett como Dom Basaluzzo. Lauren Weedman como Doris, amiga de Dom. Russell Tovey como Kevin Matheson, o xefe de Patrick. Raúl Castillo como Ricardo "Richie" Donado Ventura.

Recorrentes Scott Bakula como Lynn. O. T. Fagbenle como Frank. Andrew Law como Owen. Ptolemy Slocum como Hugo. Joseph Williamson como Jon. Daniel Franzese como Eddie, Chris Perfetti como Brady. Bashir Salahuddin como Malik.

Tempadas e episodios <onlyinclude>{| class="wikitable" style="text-align: center;" |- ! style="padding: 0 8px;" colspan="2" rowspan="2"| Tempada ! style="padding: 0 8px;" rowspan="2"| Episodios ! colspan="2"| Datas |- ! Comezo ! Fin |- |style="background: #3598FB;"| | 1 | 8 | style="padding: 0 8px;"| 19 de xaneiro de 2014 | style="padding: 0 8px;"| 9 de marzo de 2014 |- |style="background: #6900F3;"| | 2 | 10 | 11 de xaneiro de 2015 | 22 de marzo de 2015 |- |style="background: #48D1CC;"| | colspan="2" |The Movie | colspan="2" |26 de xuño de 2016 23 de xullo de 2016

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web oficial

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión da HBO Categoría:Series de televisión iniciadas en 2014 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2016