Carlos Pazos Varela, nado na Pobra do Caramiñal e finado en Padrón en abril de 1922,La Voz de Galicia, 13-4-1922, p. 1. foi un avogado, empresario e político galego.
Traxectoria Iniciouse no comercio traballando na casa Orense de Pontecesures. Estableceuse en Padrón onde montou unha fábrica de tecidos. Foi socio de Ángel Ramos García co que montou a Sociedad Ramos y Pazos. Foi xerente da Sociedad Anónima Azucarera de Padrón. Amigo de Rafael Gasset Chinchilla, foi elixido deputado provincial polo distrito de Noia en 1893. Volveu ser reelixido deputado provincial ata a súa morte.Nova Galicia, 3-12-1905, p. 1.
Vida persoal
Casou con María del Carmelo Cristobo, que logo de enviuvar tomou os hábitos carmelitas en 1930.La Voz de Galicia, 6-2-1930, p. 2.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Freire Esparís, Mª Pilar, "La formación del tejido manufacturero en una comarca litoral de la provincia de A Coruña. Padrón, 1850 – 1950."
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Nados na Pobra do Caramiñal
Categoría:Finados en 1922