O Torneo Triangular Internacional do Río de Xaneiro foi un torneo amigable de fútbol disputado na cidade brasileira do Río de Xaneiro en 1954. Contou coa participación de tres equipos, dous brasileiros e un galego, enfrontándose nun sistema de todos contra todos.
No primeiro partido enfrontáronse o Flamengo e o Deportivo da Coruña, que viña de xogar no Uruguai e na Arxentina como parte da súa xira suramericana, caendo goleado o equipo galego por 1-4. Caeu tamén no segundo encontro contra o Fluminense por 0-3. Deste xeito o torneo decidiuse no terceiro encontro cun Fla-Flu, o histórico derbi entre os dous principais equipos do Estado do Río de Xaneiro. O Flamengo foi o vencedor nun polémico encontro no que o Fluminense apareceu con futbolistas habitualmente suplentes, motivo polo que o Flamengo acabou substituíndo durante o partido a dez dos seus xogadores para introducir tamén suplentes.
Participantes FlamengoCampión carioca de 1953 FluminenseSubcampión carioca de 1953 Deportivo da Coruña7º na Primeira división española 1953/54
Partidos Xornada 1
Titulares: García Tomires Servílio Dequinha Pavão Jadir Joel Rubens Índio Benítez ZagalloSubstitucións: Arlindo Adestrador: FleitasTitulares: Otero Ortega Rodolfo Tomás Moll Lechuga Corcuera Sará Pahiño Arsenio MorenoSubstitucións:Non houboAdestrador: Iturraspe
Xornada 2
Titulares: Castilho Getúlio Pinheiro Bené Jair Santana Gilberto Milton Pessanha Didi Marinho Robson Escurinho Substitucións: Ceninho Waldo Esquerdinha Adestrador: Zezé MoreiraTitulares: Otero Rodolfo Zubieta Tomás Ortega Cuenca Arsenio Lechuga Sará Moll MorenoSubstitucións:Non houboAdestrador: Iturraspe
Xornada 3
Titulares: García Tomires Pavão Servílio Dequinha Jadir Joel Rubens Índio Benítez Zagallo Substitucións: Arlindo Guta Tião Milton Pessanha Jorge David Paulinho Duca Genuíno Evaristo Henrique Adestrador: FleitasTitulares: Adalberto Getúlio Duque Victor Gilberto Bené Milton Pessanha Robson Waldo Jair Santana EsquerdinhaSubstitucións: Batatais Ceninho Adestrador: Zezé Moreira
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas RSSSF Sitio web de estatísticas do Fluminense
Categoría:Torneos amigables de fútbol do Brasil Categoría:Fútbol en 1954