José Canalejas Casas, nado en Barcelona en decembro de 1827 e finado en Madrid en novembro de 1902, foi un enxeñeiro, publicista e político español.

Traxectoria Cursou estudos de enxeñería industrial en Liexa. Veu a Ferrol en 1854 para facerse cargo da Escola de Maquinistas da Armada, e dirixiu o periódico El Eco Ferrolano.http://www.filosofia.org/ave/001/a285.htm José Canalejas Casas en Filosofía en español Traballou na Compañía de los Caminos de Hierro de Ciudad Real a Badajoz. Substituíu en 1876 como deputado polo distrito de Arévalo a Telesforo Gómez Rodríguez, elixido nas eleccións de 1876 da Restauración que renunciou por ser o cargo incompatible co de rexistrador da propiedade na localidade abulense. En 1881 foi novamente elixido deputado polo distrito leridano de Les Borges Blanques, substituíndo a Manuel Vivanco Menchaca, elixido nas eleccións de 1879, que renunciou ao cargo en xaneiro de 1881. Foi senador pola provincia de Ávila en 1891. Foi membro do consello de administración da Sociedad Minero Metalúrgica de Peñarroya (SMMP). Vida persoal

Casou con María del Amparo Méndez Romero e foi pai de José Canalejas, presidente do Consello de Ministros durante o reinado de Afonso XIII, e de Luis Canalejas, político e enxeñeiro. Obras Anuario de los progresos de la industria y la agricultura (1861)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Enxeñeiros de España

Categoría:Deputados nas Cortes Españolas durante a Restauración Categoría:Senadores de España Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1827

Categoría:Finados en 1902