Teolindo Soto Barro, nado nas Grañas do Sor (Mañón) en 1848 e finado en Ortigueira o 13 de setembro de 1906, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi xuíz municipal de Ortigueira en 1876.Boletín Oficial de la Provincia de La Coruña, 7-8-1876, p. 3. Gañou as oposicións a notario en 1878El Diario de Santiago, 6-4-1878, p. 2. e exerceu en Lugo e despois en Madrid. Foi elixido deputado polo distrito de Lugo nas eleccións de 1886 e volveu ser elixido polo mesmo distrito nas eleccións de 1893. Foi elixido senador pola provincia de Pontevedra en 1905. Foi fundador e presidente do Círculo das Artes de Lugo nos anos 1881 e 1885.
Vida persoal Casou con Leonor Reguera Hernández e foi pai de José e Leonor Soto Reguera, e avó actor cómico francés Louis de Funès.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha no Senado Leonor Soto, madre de Luis de Funes
Categoría:Notarios Categoría:Deputados nas Cortes Españolas durante a Restauración Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Nados en Mañón Categoría:Nados en 1848 Categoría:Finados en 1906 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos