A lingua bora é unha lingua indíxena falada polo pobo bora na rexión occidental da selva amazónica en Colombia, o Brasil e no Perú. A lingua bora é unha lingua tonal, que xunto coa lingua ticuna, é a única con este trazo na rexión. O bora está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Dialectos O miraña, un dialecto do bora, é falado ó longo do río Caquetá-Japurá que flúe dende Colombia ao Brasil. O propio bora ten un 94% de intelixibilidade mutua co dialecto miraña.

Outro dialecto do bora, o murnane, ten un 50% de intelixibilidade co bora e o miraña, e é falado nos afluentes do río Caquetá no centro de Colombia.

Gramática A lingua bora conta con 350 clasificadores, o maior número deles descuberto en calquera lingua do mundo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Dicionario bora-castelán

Categoría:Linguas bora Categoría:Linguas de Colombia Categoría:Linguas do Perú Categoría:Linguas do Brasil Categoría:Pobo bora