O Tammerkoski (en sueco Tammerfors ström) son uns rápidos situados entre os lagos Näsijärvi e Pyhäjärvi, na cidade de Tampere, Finlandia. A diferenza de altitude entre ambos lagos é de 18 metros e a auga corre dende o Näsijärvi ao norte ata o Pyhäjärvi, ao sur. A cidade de Tampere comezou a construírse nas beiras do Tammerkoski, que son á súa vez unha das paisaxes industriais máis antigas de Finlandia, nas que se situán entre outras as factorías de Finlayson e Tampella. Na actualidade tan só a fábrica de cartón Tako opera na beira do Tammerkoski. O Tammerkoski é unha das paisaxes nacionais de Finlandia.
Na beira oriental do Tammerkoski construíuse en 1986 o Sokos Hotel Ilves, de máis de 63 metros de altura.
Pontes miniatura|Pasarela temporal de madeira co Hotel Ilves. A seguinte listaxe enumera todas as pontes sobre o Tammerkoski por orde dende o Nasijärvi ata o Pyhäjärvi, isto é, de norte a sur:
Näsinsilta, dúas pontes adxacentes polas que transcorría a valtatie 12 (Paasikiven–Kekkosentie). A ponte norte finalizouse en 1977 e a ponte sur en 1975. Ponte ferroviaria do Tammerkoski, ponte ferroviaria pertencente á liña Tampere–Pori. Inagurouse en 1937. Palatsinraitin silta, ponte para transporte lixeiro e peonil, completouse en 2012. Satakunnansilta, inaugurada en 1900. Patosilta, ponte para transporte lixeiro e peonil, completouse no ano 2000. Hämeensilta, que forma parte de Hämeenkatu. A ponte actual foi construída en formigón armado e inaugurouse en 1929. No mesmo lugar houbo tamén unha ponte de madeira construída en 1807 , que foi substituído en 1884 por unha ponte de ferro. Pasarela peonil do Tammerkoski. Inaugurada o 1 de xuño de 2018, permanecerá en funcionamento ata canto menos o ano 2021. Ponte de Kehräsaari, ponte pedestre, completado en 1986 Vuolteensilta, ponte para transporte lixeiro e peonil, completouse en 1985. Laukonsilta, ponte para transporte lixeiro e peonil, completouse en 2010. Ponte de Ratina, próxima ao lago Pyhäjärvi, completouse en 1959.
Centrais eléctricas miniatura|A central eléctrica de Keskikoski.
Tammerkoskessa toimii neljä vesivoimalaa: Central eléctrica de Tampella (1916) Central eléctrica de Finlayson (1926) Central eléctrica de Keskikoski (1932) Central eléctrica de Alakoski (1937).
As centrais de Tampella, Finlayson e Keskikoski son propiedade da cidade de Taampere. A central de Alakoski pertence a Koskienergia Oy.
A potencia combinada das centrais eléctricas do Tammerkoski é de aproximadamente 18 megavatios.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Panorámica dende Satakunnansilta en VirtualTampere.com
Categoría:Tampere