Cesáreo Bachiller Fernández, nado en Bos Aires o 5 de outubro de 1914 e finado en Xixón o 14 de febreiro de 2004, foi un futbolista arxentino-galego, que xogaba como centrocampista.

Traxectoria Fillo de Cesáreo Bachiller Ruiz e Josefina Fernández López, naceu na Arxentina e instalouse na súa infancia en Lugo, de onde procedía a súa familia. Xogou no Fortuna de Lugo e no Sporting Vilalbés, e en 1933 debutou como profesional no Lugo Sporting. Con este equipo disputou o Campionato de Galicia nas tempadas 1934/35 e 1935/36, acadando na segunda delas o terceiro lugar final, só por detrás do Deportivo da Coruña e o Celta de Vigo. Posteriormente, xogou no Club Lemos.

Tras finalizar a guerra civil española, fichou polo Atlético Aviación. Na tempada 1939-40 converteuse nun dos cinco primeiros futbolistas galegos en gañar a liga española, xunto cos seus compañeiros no Atlético Juan Vázquez, Celso Blanco, Enrique Rubio e Guillermo. Esa mesma tempada gañou tamén a Copa dos Campións contra o Espanyol. Ao termo da campaña foi traspasado ao Granada CF, co que se proclamou campión da Segunda División na tempada 1940-41 e ascendeu á máxima categoría do fútbol español. Xa en primeira marcou 10 goles en 24 partidos, fichando a continuación polo Sporting de Gijón.

Na súa segunda tempada no Sporting, rescindiu o seu contrato e fichou polo Real Madrid, co que non chegou a xogar ningún partido. A finais de 1944 incorporouse ao CD Málaga, onde se retirou en 1945. Tras a súa retirada instalouse en Xixón, onde puxo en marcha unha empresa de materiais de construción.

Palmarés Atlético de Madrid

Primeira división de España (1): 1939-40.

Granada

Segunda división de España (1): 1940-41.

Sporting de Gijón

Segunda división de España (1): 1943-44.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en BDFutbol .

Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Nados en 1914 Categoría:Futbolistas da Arxentina Categoría:Futbolistas da provincia de Lugo Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Club Lemos Categoría:Xogadores do Lugo Sporting Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid Categoría:Xogadores do Granada CF Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores do CD Málaga