O Danubio Futbol Club, abreviado comunmente Danubio FC é un club uruguaio de fútbol fundado en 1932 e con sede en Montevideo, a capital.

Historia esquerda|miniatura|Estadio María Mincheff de Lazarof O equipo naceu en Maroñas, un dos barrios de Montevideo, que a comezos da década de 1930 era aínda unha zona rururbana. Foi fundado por varios estudantes da escola pública do barrio, o primeiro día do curso, o 1 de marzo de 1932, algúns deles fillos da inmigración búlgara que lle deron o nome do río europeo. A bandeira, cunha franxa negra, que lles permite unha singular identificación, foi unha adaptación da empregada polo River Plate arxentino, e é usada dende 1936.

No transcurso do tempo Danubio consolidouse como un dos principais equipos da capital uruguaia, mantendo unha rivalidade co Defensor Sporting, co que mantén o chamado, "Clásico dos medianos". En marzo de 2021, logo de máis de 50 anos ininterrompidos na Primeira División do Uruguai, descendeu á segunda categoría.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial do Danubio FC

Categoría:Equipos de fútbol do Uruguai Categoría:Montevideo