Na mitoloxía grega, Creonte foi un rei de Corinto. Era fillo de Licáeto.
Recibiu para o seu coidado os dous fillos de Alcmeón e Manto, filla do adiviño Tiresias: Anfíloco e Tisífone. Alcmeón confiounos a Creonte cando tivo que dirixir a guerra dos Epígonos, fillos dos capitáns mortos na Guerra contra Tebas. Nesta ocasión, Alcmeón e os seus soldados arxivos lograron conquistar a cidade.
Pero a esposa de Creonte estaba celosa da beleza de Tisífone e decidiu desfacerse dela, vendéndoa como escrava. Comprouna o propio Alcmeón (o seu pai), sen decatarse de quen era, aínda que non chegou a cometer incesto con ela.Graves, px. 421.
Por outra banda, Creonte acolleu en Corinto a Xasón e a súa esposa, a feiticeira Medea, cando foron expulsados de Iolco Medea, a petición de Xasón, enganou ás fillas de Pelias, rei de Iolco, dicíndolles que o seu pai ía rexuvenecer se o cocían ó lume. Elas así o fixeron e o pai, naturalmente, morreu.. Ó cabo de dez anos, Xasón namorouse da filla de Creonte, chamada Glauce ou Creúsa, e o rei decidiu casalos. Para poder casar, Xasón repudiou a Medea, á que prometera amor eterno, e esta vingouse.
Medea creou un vestido como regalo de vodas para Glauce Ou tamén unha coroa de ouro. e esta aceptouno sen sospeitar nada. Pero cando se vestiu con el, morreu devorada por un intenso lume,Lémbrese o caso similar de Deianira, que provocou a morte do seu esposo Heracles mandándolle unha túnica impregnada do veleno contido no sangue do centauro Neso. que tamén matou o pai, Creonte, que acudiu a socorrela. Outra versión conta que Medea plantou lume ó palacio, provocando a morte de Creonte e a da filla no incendio, xunto a tódolos hóspedes. Xasón salvouse saltando por unha ventá Graves, px. 667. Apuleio: O asno de ouro.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Homes na mitoloxía grega