miniatura|Maqueta cortada en sección do satélite Sirio 1. Sirio, acrónimo de Satellite Italiano ricerca industriale orientato, foi unha serie de dous satélites artificiais italianos lanzados entre 197 e 1982.

Características Os satélites Sirio eran principalmente satélites de comunicacións en órbita xeoestacionaria que levaban a bordo tamén experimentos para facer medicións de plasma e raios cósmicos. Sirio 1 foi lanzado o 25 de agosto de 1977 mediante un foguete Delta 2313 mentres que Sirio 2 o foi o 9 de setembro de 1982, non chegando ao espazo ao fallar o seu foguete lanzador, un Ariane 1. Cada satélite tiña forma cilíndrica con 144 cm de diámetro e 240 cm de altura, incluíndo o motor de apoxeo, alimentado por hidracina. Estabilizábanse mediante xiro a 90 r.p.m. e alimentábanse mediante células solares.

Historial de lanzamentos

MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasSirio 125 de agosto de 1977Delta 2313ÉxitoSirio 29 de setembro de 1982Ariane 1Fallo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Delta 2313 Ariane 1

Categoría:Satélites artificiais