Miesten vuoro é un filme documental finlandés sobre as saunas masculinas dirixido por Joonas Berghäll e Mika Hotakainen. O filme foi producido por Joonas Berghäll. Estreouse nos cinemas en Nova York o 30 de xullo de 2010 e nos Ánxeles o 6 de agosto de 2010 na 14ª edición de Annual DocuWeeks.Arclight Hollywood , 2010-07-31IFC Center , 2010-07-3114th Annual DocuWeeks , 2010-07-31

Foi escollido como candidato de Finlandia para o Óscar ó mellor filme internacional na 83ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. É o primeiro filme documental en representar a Finlandia nos Premios da Academia. Foi nomeado na categoría de "mellor documental" na 23ª edición dos Premios de Cinema Europeo.

Gañou o Premio á mellor fotografía internacional no festival Documentary Edge en Nova Zelandia en 2011.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Finlandia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 83ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2010 Categoría:Filmes en lingua finesa Categoría:Filmes de Finlandia