A Cátedra de Feminismos 4.0 foi creada no ano 2019 pola Universidade de Vigo en colaboración coa Deputación de Pontevedra co obxectivo de introducir a mirada feminista na nova sociedade dixital. As funcións desta cátedra son por unha parte visibilizar a académicas e profesionais destes ámbitos que sirvan de referentes ás rapazas, para lograr que as mulleres participen dunha forma progresiva nas grandes decisións económicas, sociais, ambientais, e de transformación política que afectan ao planeta. E por outra parte, fomentar os recursos tecnolóxicos inclusivos e igualitarios, para aumentar a presenza feminina en todos os ámbitos da intelixencia dixital, e combater o machismo dixital.
Traxectoria Dende a Cátedra de feminismos impulsáronse distintas iniciativas como as xornadas Hackeando o patriarcado que contan xa con dúas edicións, os Premios GirlGeekCovid, unha iniciativa que busca incentivar, apoiar e fomentar os estudos STEM entre mulleres, axudas de investigación e a creación do Comité de Sabias, para orientar a posta en marcha de accións que impulsen unha maior visibilidade e participación das mulleres na ciencia e na tecnoloxía.
Comité de Sabias O Comité de Sabias está formado por: catorce experta Ana Jesús López Ana Vila Amparo Alonso Coral del Río Dhaunae de Vir Edita de Lorenzo Encina Calvo Luz Castro Mari Lires Mª José R. Malmierca Marta Macho Purificación Mayobre Soledad Torres Susana Martínez-Conde
Gender on Digital. Journal of Digital Feminism En 2023 publicouse o primeiro número da revista Gender on Digital. Journal of Digital Feminism, "de periodicidade anual, nace coa vocación de xerar e difundir coñecementos científicos de excelencia mediante a relación entre ciencia, tecnoloxía e sociedade. A finalidade é construír un espazo de reflexión científica crítica arredor das transformaciónsda sociedade vinculada coa irrupción das novas tecnoloxías da comunicación e a conseguinte dixitalización de todasas esferas da vida no eido da enxeñaría, a tecnoloxía, a informática, a economía, a socioloxía, as ciencias políticas, a antropoloxía, as humanidades, a ecoloxía, a comunicación e a educación científica e tecnolóxica, á luz da dinámica de xénero".
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina web da Cátedra de Feminismos 4.0
Categoría:Feminismo en Galicia