Nidal Al Achkar, nada en 1934, é unha actriz libanesa e directora de teatro, "a gran dama do teatro libanés".Hanan Nasser, LAU Celebrates the Grande Dame of Theater, Nidal Al Achkar , Lebanese American University, 22 de marzo de 2019.
Traxectoria Nidal Al Achkar era a filla de Asad al-Achkar, o político do Partido Social Nacionalista Sirio. Estudou na Real Academia de Arte Dramática en Londres.Nidal Al Achkar: A Woman of the Theatre , Home Magazine, Issue No. 3, 2018. Consultardo o 10 de marzo de 2020. En 1967 dirixiu a súa primeira obra de teatro en Beirut, e logo fundou o Taller de Teatro de Beirut a finais da década de 1960.
Despois da Guerra civil libanesa, Nidal Al Achkar fundou o Teatro Al Madina en 1994, restaurando o edificio que albergaba o antigo Cine Saroulla.
Nidal Al Achkar recibiu o Lifetime Achievement Award no Murex d'Or de 2012. Ó presentar o premio, o ministro de Cultura libanés Gabi Layyoun chamouna "a verdadeira expresión da ilustración e a cultura do Líbano".Nidal Al Ashkar receives Lebanon culture award, 24 de xuño de 2012. Consultado o 10 de marzo de 2020.
Nunha entrevista de 2019 advertiu que era imposible ter teatro no mundo árabe sen "revolucións reais e transformadoras" que permitisen a liberdade de expresión e a apertura.Lebanese Actress Nidal Al-Ashkar: No Freedom Of Speech In The Arab World; Change Would Require Real Transformative Revolutions, memri.org, 12 de abril de 2019.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1934 Categoría:Nados na gobernación do Monte Líbano Categoría:Actores do Líbano Categoría:Personalidades sen imaxes