A tiaminase, ou tiamina piridinilase, é unha transferase que cataliza a reacción:

tiamina + piridina ⇌ 1-[(4-amino-2-metilpirimidin-5-il) metil] piridin + 4-metil-5- (2-hidroxietil) tiazol.

Esta enzima está implicada na degradación da tiamina ou vitamina B1.

Encóntrase nunha ampla variedade de organismos, que van desde plantas1 como fieitos dos xéneros Pteridium e Marsilea, peixes,Barry V. McCleary & Bruce F. Chick (1977): "The purification and properties of a thiaminase I enzyme from nardoo (Marsilea drummondii)". Phytochemistry, 16 (2): 207-213. peixes,Małgorzata Boś & Andrzej Kozik (2000): "Some Molecular and Enzymatic Properties of a Homogeneous Preparation of Thiaminase I Purified from Carp Liver". Journal of Protein Chemistry, 19 (2): 75-84. como a carpa común e a carpa vermella, até bacterias como Bacillus subtilis,<ref>Angela V. Toms, Amy L. Haas, Joo-Heon Park, Tadhg P. Begley & Steven E. Ealick (2005): "Structural Characterization of the Regulatory Proteins TenA and TenI from Bacillus subtilis and Identification of TenA as a Thiaminase II". ''Biochemistry, 44 (7): 2319-2329.</ref> e unha bolboreta africana, Anaphe venata.Takahiro Nishimune, Yoshihiro Watanabe, Hideki Okazaki & Hiromu Akai (2000): "Thiamin Is Decomposed Due to Anaphe spp. Entomophagy in Seasonal Ataxia Patients in Nigeria". Journal of Nutrition, 130 (6): 1625-1628.

O consumo humano destas plantas ou animais crus —a tiaminase desnaturalízase cociñando coa calor— pode inducir a deficiencia de vitamina B1, cuxa forma extrema é o beriberi. Este factor antivitamínico dificilmente é perigoso para os humanos que raramente consomen estas plantas e animais crus5.

O papel da tiaminase é incerto. Porén, crese que protexe os fieitos dos insectos.François Couplan (2011): Guide nutritionnel des plantes sauvages et cultivées. Lonay, Vaud, Suíza: Delachaux et Niestlé, ISBN 978-2-6030-1734-0, p. 93.

Hai outro enzima, a aminopirimidina aminohidrolase''', anteriormente chamada "tiaminase II", que máis ben participa nunha vía de rescate de nucleótidos preservando o grupo pirimidina en lugar da degradación completa da molécula.

Notas

Categoría:Transferases