Esta é unha lista dos filmes propostos na 81ª edición dos Óscar para o mellor filme en lingua non inglesa.En abril de 2019 o nome da categoría cambiouse a mellor filme internacional, logo de que a academia considerase a anterior denominación como desfasada: A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS) convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar un filme para o Óscar ó mellor filme internacional cada ano dende que o premio foi creado na edición de 1956. O premio é presentado anualmente pola Academia para un filme producido fóra dos Estados Unidos cun diálogo maioritariamente en lingua non inglesa. O Comité do Premio Internacional de Longametraxes supervisa o proceso e revisa todos os filmes enviados.
Os filmes candidatos debían terse estreado nos cinemas dos seus respectivos países entre o 1 de outubro de 2007 e o 30 de setembro de 2008. A Academia publicou a lista de propostas oficiais o 17 de outubro de 2008 cun récord de 67 filmes en competición. Xordania enviou un filme por primeira vez e Letonia volveu participou despois de quince anos.
A lista curta de nove candidatos anunciouse o 13 de xaneiro de 2009. Debido a unha nova regra, só seis filmes da lista curta se decidían polos votos do comité completo. Os outros tres foron seleccionados polo comité executivo da Academia para os filmes estranxeiros. Os cinco candidatos (Alemaña, Austria, Francia, Israel e o Xapón) anunciáronse o 22 de xaneiro de 2009. O filme xaponés Okuribito de Yōjirō Takita gañou o premio, primeiro filme xaponés que o conseguiu dende que a categoría é competitiva.
Propostas País Título Lingua(s) Director(es) Resultado Qala Azerí Opium War Dari, inglés Trishtimi i zonjës Shnajder Albanés, checo Eno Milkani e Piro Milkani Der Baader Meinhof Komplex Alemán Masquerades Árabe alxeriano, francés Leonera Castelán Revanche Alemán Aha! Bengalí Eldorado Francés Snijeg Bosníaco Última Parada 174 Portugués Zift Búlgaro Ce qu'il faut pour vivre Francés, inuktitut Karamazovi Checo, polaco Tony Manero Castelán Dream Weavers: Beijing 2008 Mandarín Perro come perro Castelán Keurosing Coreano Kim Tae-kyun Ničiji sin Croata To verdener Dinamarqués Slepe lásky Eslovaco Petelinji zajtrk Esloveno Os xirasoles cegos Castelán Mina olin siin Estoniano René Vilbre El-Gezeira Árabe exipcio Ploning Cuyonon, tagalo, taiwanés Tummien perhosten koti Finés Entre les murs Francés Diorthosi Grego Hua pi Mandarín Iszka utazása Húngaro Taare Zameen Par Hindi Âvâz-e gonjeshk-hâ Persa Brúðguminn Islandés Vals Im Bashir Hebreo Gomorra Napolitano Tulpan Kazako Tengri: Blue Heavens Kirguiz Rīgas sargi Letón Sous les Bombes Árabe libanés, francés Nereikalingi žmonės Lituano Māris Martinsons Nuits d'Arabie Francés, luxemburgués Antiga República Iugoslava de Macedonia Jas sum od Titov Veles Macedonio Adieu Mères Francés, árabe marroquí Arráncame la vida Castelán O' Horten Noruegués Dunya en Desi in Marokko Neerlandés, árabe marroquí Milh hadha al-bahr Árabe Sztuczki Polaco Aquele Querido Mês de Agosto Portugués Hope Eternal Galés, bemba, suahili, francés, alemán, inglés Restul e tăcere Romanés Rusalka Ruso Turneja Serbio My Magic Támil Maria Larssons eviga ögonblick Sueco Jan Troell Der Freund Alemán de Suíza Micha Lewinsky Jerusalema Afrikaans, inglés, zulú, xhosa Rak Haeng Sayam Tailandés Chookiat Sakveerakul Cape No. 7 Taiwanés, xaponés, mandarín Wei Te-sheng Üç Maymun Turco Nuri Bilge Ceylan Iliuziya strakhu Ucraíno Matar a todos Castelán Esteban Schroeder El tinte de la fama Castelán Alejandro Bellame Okuribito Xaponés Mediator Alemán, ruso, inglés Captain Abu Raed Árabe xordano
Controversia A proposta coreana, Keurosing inicialmente presentou dúbidas xa que foi acusada de plaxio por outro guionista. O Consello de Cinematografía de Corea dixo que seleccionaría outro filme se Keurosing era declarado culpábel, mais finalmente o caso foi desestimado.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Official website of the Academy Awards
81 Categoría:Cinema en 2008