Defiance é un filme estadounidense de 2008 dirixido por Edward Zwick e ambientado durante a ocupación de Belarús pola Alemaña nazi. O guión foi escrito por Clayton Frohman e Zwick, e baséase no libro de 1993 de Nechama Tec Defiance: The Bielski Partisans, que conta a historia dos partisanos de Bielski, un grupo liderado polos irmáns polacos xudeus que salvarone recrutaron xudeus en Belarús durante a segunda guerra mundial. Está protagonizado por Daniel Craig como Tuvia Bielski, Liev Schreiber como Zus Bielski, Jamie Bell como Asael Bielski e George MacKay como Aron Bielski.
A produción comezou en setembro de 2007. Despois dunha estrea limitada nos Ánxeles e Nova York o 31 de decembro de 2008, distribuíuse internacionalmente en xaneiro e febreiro de 2009.
Personaxes Daniel Craig como Tuvia Bielski Liev Schreiber como Zus Bielski Jamie Bell como Asael Bielski George MacKay como Aron Bielski Alexa Davalos como Lilka Ticktin Allan Corduner como Shimon Haretz Mark Feuerstein como Isaac Malbin Tomas Arana como Ben Zion Gulkowitz Jacek Koman como Konstanty "Kościk" Kozłowski Mia Wasikowska como Chaya Dziencielsky Iben Hjejle como Bella Jodhi May como Tamara Skidelski Kate Fahy como Riva Reich Iddo Goldberg como Yitzhak Shulman Sam Spruell como Arkady Lubczanski Ravil Isyanov como Viktor Panchenko Rolandas Boravskis como Gramov Kristina Skokova como muller rubia
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en Metacritic Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2008 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Edward Zwick Categoría:Filmes con banda sonora de James Newton Howard Categoría:Filmes de guerra dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Paramount Vantage Categoría:Filmes sobre o holocausto Categoría:Filmes rodados en Lituania Categoría:Filmes ambientados en Belarús