A irmá Aïda Yazbeck é unha monxa católica que é Directora do Centro Cultural Al-Mouna en Xamena, Chad. O seu traballo céntrase en educar grupos nacionais e internacionais e ONGs sobre os conflitos entre diferentes grupos no Chad. Ó capacitar ás persoas na resolución de conflitos, a súa organización busca promover o respecto entre grupos culturalmente diferentes e promover a paz en tódolos aspectos da vida.

Activismo A irmá Yazbeck e a súa fundación traballaron con grupos de fóra do Chad para promover a resolución de conflitos. Estes inclúen a Embaixada suíza no Chad e a Fundación Xenebra Córdoba, quen axudaron a capacitar ó persoal do Centro Cultural para entender os tipos de conflito e como resolvelos pacificamente.

En abril de 2020, a irmá Yazbeck cambiou os seus esforzos para axudar a combater a pandemia da COVID-19. Xunto cos voluntarios do Centro Cultural, Yazbeck axudou a distribuír desinfectante de mans, bebidas, e máscaras para a cara a quen as precisaba na capital. Ademais, axudou a organizar unha campaña virtual de concienciación sobre formas de mitigar o impacto da pandemia.

Notas

Categoría:Personalidades do cristianismo Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Nados en ano descoñecido