200px|miniatura|Asghar Farhadi, director do filme gañador Esta é unha lista dos filmes propostos na 84ª edición dos Óscar para o mellor filme en lingua non inglesa.En abril de 2019 o nome da categoría cambiouse a mellor filme internacional, logo de que a academia considerase a anterior denominación como desfasada: A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS) convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar un filme para o Óscar ó mellor filme internacional cada ano dende que o premio foi creado na edición de 1956. O premio é presentado anualmente pola Academia para un filme producido fóra dos Estados Unidos cun diálogo maioritariamente en lingua non inglesa. O Comité do Premio Internacional de Longametraxes supervisa o proceso e revisa todos os filmes enviados.
Os filmes candidatos debían terse estreado nos cinemas dos seus respectivos países entre o 1 de outubro de 2010 e o 30 de setembro de 2011.
O 13 de outubro, a Academia anunciou que 63 países foran aceptados para participar. Nova Zelandia propuxo un filme por primeira vez.
A lista curta de nove candidatos anunciouse o 18 de xaneiro de 2012 e os cinco candidatos (Bélxica, o Canadá, Irán, Israel e Polonia) anunciáronse seis días despois. O filme iraniano Jodaí-e Nadér az Simín de Asghar Farhadi gañou o premio, primeiro para un filme de Irán.
Propostas País Título Lingua(s) Director(es) Resultado Amnistia Albanés Bujar Alimani Pina Alemán Wim Wenders Aballay, el hombre sin miedo Castelán Fernando Spiner Atmen Alemán Karl Markovics Rundskop Neerlandés, francés, limburgués Michaël R. Roskam Belvedere Bosníaco Ahmed Imamović Tropa de Elite 2: o Inimigo Agora É Outro Portugués José Padilha Tilt Búlgaro Viktor Chouchkov Profesor Lazhar Francés Philippe Falardeau Vozvrashchenie v 'A' Ruso Egor Mikhalkov-Konchalovsky Alois Nebel Checo Tomás Lunák Violeta se fue a los cielos Castelán Andrés Wood The Flowers of War Mandarín, inglés Zhang Yimou Los colores de la montaña Castelán Carlos César Arbeláez Gojijeon Coreano Jang Hoon Sedamdeset i dva dana Croata Danilo Šerbedžija Habanastation Castelán Ian Padrón SuperClásico Dinamarqués, castelán Ole Christian Madsen La hija natural Castelán Leticia Tonos Cigán Eslovaco, romaní Martin Šulík Circus Fantasticus Sen diálogos Janez Burger Pa negre Catalán Agustí Villaronga Kirjad Inglile Estoniano Sulev Keedus El Shoq Árabe Khaled El Hagar Ang Babae sa Septic Tank Tagalo Marlon Rivera Le Havre Francés Aki Kaurismäki La guerre est déclarée Francés Valérie Donzelli Attenberg Grego Athina Rachel Tsangari Tou ze Cantonés Ann Hui A torinói ló Húngaro Béla Tarr Adaminte Makan Abu Malaiala Salim Ahamed Di Bawah Lindungan Ka'bah Indonesio Hanny Saputra Jodaí-e Nadér az Simín Persa Asghar Farhadi As If I Am Not There Serbocroata Juanita Wilson Eldfjall Islandés Rúnar Rúnarsson He'arat Shulayyim Hebreo Joseph Cedar Terraferma Italiano Emanuele Crialese Et maintenant, on va où Árabe Nadine Labaki Kai apkabinsiu tave Lituano, ruso, alemán Kristijonas Vildžiūnas Antiga República Iugoslava de Macedonia Pankot ne e mrtov Macedonio, albanés Vladimir Blazevski Miss Bala Castelán Gerardo Naranjo Omar m'a tuer Francés, árabe Roschdy Zem O Le Tulafale Samoano Tusi Tamasese Sykt lykkelig Noruegués Anne Sewitsky Sonny Boy Neerlandés Maria Peters Octubre Castelán Daniel Vega Vidal W ciemności Polaco, alemán, yiddish, ucraíno Agnieszka Holland América Castelán Sonia Fritz José e Pilar Portugués Miguel Gonçalves Mendes Patagonia Galés, castelán Marc Evans Morgen Romanés, húngaro, turco Marian Crisan Burnt by the Sun 2: The Citadel Ruso Nikita Mikhalkov Montevideo, God Bless You! Serbio Dragan Bjelogrlić Tatsumi Xaponés Eric Khoo Svinalängorna Sueco, finés Pernilla August Giochi d'estate Italiano Rolando Colla Skoonheid Afrikaans, inglés Oliver Hermanus Kon Khon Tailandés Sarunyu Wongkrachang Seediq Bale Seediq, xaponés, hokkien, mandarín Wei Te-sheng Bir zamanlar Anadolu'da Turco Nuri Bilge Ceylan La casa muda Castelán Gustavo Hernández El rumor de las piedras Castelán Alejandro Bellame Palacios Khát vọng Thăng Long Vietnamita Lưu Trọng Ninh Ichimai no hagaki Xaponés Kaneto Shindō Chantrapas Also verified with Georgian National Film Centre Francés, xeorxiano Otar Iosseliani
Controversias e cambios Albania presentou orixinalmente Falja e Gjakut, mais foi rexeitado pola protesta de Bujar Alimani, director de Amnistia. Afirmou que Falja e Gjakut non era elixible para representar a Albania debido a que o seu director, Joshua Marston, e membros clave do equipo eran estadounidenses. A Academia descualificou o filme e Albania presentou o filme de . O filme da República Dominicana foi rexeitado inicialmente debido a que o país non enviou os nomes do comité de selección. Tras unha apelación, o filme foi aceptado. Porto Rico, que fora convidado a participar nesta categoría dende 1986, tentou enviar un filme (América, de Sonia Fritz), mais foi rexeitado debido a unha nova regra que non permitía que filmes de territorios estadounidenses participasen nesta categoría. A Puerto Rico Film Commission, que seleccionou o candidato tratou de que a Academia cambiase de idea, citando que Porto Rico recibira previamente unha candidatura e que si se permitía a presenza de territorios non independentes como Groenlandia, Hong Kong e Palestina, mais a Academia non cambiou de opinión. A proposta eslvoena Circus Fantasticus foi descualificado porque a sociedade de cineastas eslovenos (Društvo slovenskih filmskih ustvarjalcev, DSFU) non fixo o envío a tempo por un malentendido coa organización. Polo tanto, non se incluíu na listaxe final de propostas.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Official website of the Academy Awards
84 Categoría:Cinema en 2011