Vitalina Varela é un filme portugués de 2019 dirixido por Pedro Costa. Gañou o Leopardo de Ouro e o premio á mellor actriz no Festival Internacional de Cinema de Locarno. O filme conta a historia de Vitalina Varela, un personaxe que apareceu anteriormente noutro filme de Pedro Costa, Horse Money. Foi escollido como candidato de Portugal para o Óscar ó mellor filme internacional na 93ª edición dos premios, logo de que a primeira proposta de Portugal, Listen, fose descualificada.

Estreouse subtitulado en galego o 27 de novembro de 2020, no Centro Galego de Artes da Imaxe (A Coruña). Foi traducido por Samuel Solleiro.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Portugal propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 93ª edición dos Óscar Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en crioulo caboverdiano Categoría:Filmes en lingua portuguesa Categoría:Filmes de Portugal Categoría:Filmes dirixidos por Pedro Costa Categoría:Filmes de 2019 con versión en galego