Asia (en ) é un filme israelí de 2020 dirixido por Ruthy Pribar e protagonizado por Alena Yiv e Shira Haas. O filme estreouse en liña no Festival de Cinema de Tribeca (por mor da pandemia de COVID-19), onde gañou o premio á mellor actriz (Shira Haas), á mellor fotografía (Daniella Nowitz) así como o premio Nora Ephron (Ruthy Pribar). Despois de gañar o premio ó mellor filme na 30ª edición dos Premios da Academia Israelí (Premios Ophir), foi automaticamente escollido como candidato de Israel para o Óscar ó mellor filme internacional na 93ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. O filme gañou oito premios máis da Academia Israelí (Premios Ophir) dun total de doce nomeamentos. Menemsha Films conseguiu os dereitos de distribución en América do Norte en xuño de 2020, e anunciou a súa estrea en Film Forum de Nova York en 2020.

Sinopse Asia é unha muller de trinta e cinco anos que vive en Xerusalén coa súa filla Vika e traballa como enfermeira nun hospital.

Personaxes Alena Yiv como Asia Shira Haas como Vika Tamir Mula como Gabi Gera Sandler como Stas Eden Halili como Natalie Or Barak como Roy Nadia Tichonova como Valentina Mirna Fridman como Rose Tatiana Machlinovski como Lena Evgeny Tarlatzky como Boris

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Israel propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 93ª edición dos Óscar Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2020 Categoría:Filmes en lingua hebrea Categoría:Filmes en lingua rusa Categoría:Filmes de Israel Categoría:Filmes sobre familias Categoría:Filmes sobre inmigración Categoría:Filmes ambientados en Xerusalén Categoría:Filmes rodados en Israel Categoría:Filmes non estreados nos cinemas por mor da pandemia de COVID-19 Categoría:Filmes sobre discapacidades Categoría:Filmes sobre familias Categoría:Filmes sobre enfermidades Categoría:Filmes sobre sexualidade