Vladymyr Dakhno (en ), nado en Zaporizhia o 7 de marzo de 1932 e finado en Kíiv o 28 de xullo de 2006, foi un animador, director de cine de animación e guionista ucraíno.

Traxectoria Dakhno naceu o 7 de marzo de 1932 en Zaporozhye, URSS. Despois da escola ingresou no Instituto Médico de Kíiv. Case de inmediato, trasladouse ó Instituto de Enxeñaría Civil de Kíiv, onde estudou na clase de Joseph Karakis, graduándose en 1955.

Comezou a súa carreira como arquitecto en Kíiv antes de ser invitado a traballar en Kievnauchfilm.

Foi galardoado co Premio Nacional Shevchenko de Ucraína en 1988, e foi Artista do Pobo de Ucraína en 1996. Dakhno foi máis coñecido pola serie de animación Cosacos (Казаки). Traballou en Kievnauchfilm, que dende entón foi rebautizado como Ukranimafilm.

Retirouse na década de 1990 despois da desintegración da Unión Soviética e o peche da produtora cinematográfica.

O 28 de xullo de 2006, Dakhno morreu dun ataque ó corazón mentres durmía na súa casa de Kíiv. Está enterrado no cemiterio de Baikove.

O 7 de marzo de 2013 Google liberou un Doodle na memoria de Dakhno.Doodle: Volodymyr Dakhno's 81st birthday

Películas YAnoearTítulo orixinalTradución ó galego1967«Як козаки куліш варили»Como cociñaban os cosacos o Kulish1969«Як козаки щастя шукав»Como buscaban os cosacos a felicidade1970«Як козаки у футбол грали»Como xogaban ó fútbol os cosacos1973«Як козаки наречених визволяли»Como liberaron ás noivas os cosacos1975«Як козаки сіль купували»Como mercaron sal os cosacos1978«Як козаки олімпійцями стали»Como se converteron en olímpicos os cosacos1979«Як козаки мушкетерам допомагали»Como axudaron ós mosqueteiros os cosacos1984«Як козаки на весіллі гуляли»Como desfrutaron na voda os cosacos1987«Як козаки інопланетян зустрічали»Como coñeceron ós extraterrestres os cosacos1995«Як козаки у хокей грали»Como xogaban ó hóckey os cosacos

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Volodymyr Dakhno En animator.ru Sitio oficial de Ukranimafilm

Categoría:Directores de cinema de Ucraína Categoría:Finados en 2006 Categoría:Nados en 1932 Categoría:Nados na rexión de Zaporizhia Categoría:Personalidades sen imaxes