Shàonián dě Nǐ (en ) é un filme de Hong Kong de 2019 dirixido por Derek Tsang e protagonizado por Zhou Dongyu e Jackson Yee. O filme é unha adaptación da novela chinesa In His Youth, In Her Beauty escrita por Jiu Yuexi. Conta a historia dunha moza de instituto que sofre abusos dos seus compañeiros, e dun adolescente problemático da rúa, cuxas vidas cambian logo de encontrarse. A historia tamén aborda os seus soños e deseños respecto do futuro e de que maneira se protexen o un ó outro. O filme estreouse o 25 de outubro de 2019 na China, e o 8 de novembro de 2019 nos Estados Unidos, o Reino Unido e o Canadá. Recadou un total de 227,3 millóns de dólares en todo o mundo. Foi escollido como candidato de Hong Kong ó Óscar ó mellor filme internacional na 93ª edición dos premios, sendo finalmente nomeado.

Personaxes Zhou Dongyu como Chen Nian Jackson Yee como Beishan (Liu Bei Shan) Yin Fang como Zheng Ye Huang Jue como Lao Yang Wu Yue como nai de Chen Nian Zhou Ye como Wei Lai Zhang Xinyi como Xu Miao Wu Yue como Zhou Lei Liu Ran como Luo Ting Xie Xintong como Wang Li Zhang Yao como Li Xiang Zhang Yifan como Hu Xiaodie Zhao Runnan como Da Kang Gao Xuanming como Lai Zi

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Hong Kong propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 93ª edición dos Óscar Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes de Hong Kong Categoría:Filmes en lingua mandarín Categoría:Filmes sobre violencia escolar Categoría:Filmes sobre bullying Categoría:Filmes de adolescentes Categoría:Filmes sobre suicidio Categoría:Filmes ambientados na China Categoría:Filmes rodados na China Categoría:Filmes ambientados en 2011 Categoría:Filmes ambientados en 2015