Ernesto Canoa Galiana, nado en Vigo o 24 de outubro de 1928 e finado o 16 de xuño de 1981, foi un médico urólogo galego.

Traxectoria Nado na rúa Alta do casco vello de Vigo, foi o cuarto e derradeiro fillo dun empregado de banca. De 1946 a 1952 estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela e en Madrid. Traballou de urólogo no Hospital de la Princesa de Madrid. En 1957 gañou unha bolsa de estudos. Formarse en Düsseldorf, Berlín, Viena, París e Londres. En 1959 estableceuse no número 88 da rúa Urzáiz de Vigo e ao ano seguinte nunha clínica maior no número 7 da mesma rúa. De 1962 a 1964 ocupou por oposición unha praza de urólogo en Murcia. Desde 1967 colaborou no equipo urolóxico da Residencia Sanitaria Almirante Vierna (despois Hospital Xeral).

Era políglota (dominaba o francés e o inglés e tiña un título de profesor de alemán), radioafeccionado, fotógrafo afeccionado e amante da poesía e a pintura.

Finou nun accidente de tráfico.

Recoñecementos Dende 1983 unha rúa da súa cidade leva o nome de "Doutor Canoa" na súa memoria.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas "Médicos históricos" Universidade Complutense de Madrid . "Las Víctimas de la Piedra, una Orden con 14 años de vida" ''La Voz de Galicia", 6/5/2006 .

Categoría:Médicos de Vigo Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 1981 Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Finados en accidente de tráfico Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Urólogos Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes