David Randolph Scott, nado en San Antonio, Texas, o 6 de xuño de 1932, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións Gemini 8, Apollo 9 e Apollo 15.
Traxectoria Scott graduouse en ciencias pola Academia Militar dos Estados Unidos e é máster en aeronáutica e astronáutica polo Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. Foi seleccionado como astronauta pola NASA en outubro de 1963. Participou nas misións Gemini 8, Apollo 9 e Apollo 15, pasando un total de 22,79 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Gemini 8 Apollo 9 Apollo 15
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1932 Categoría:Nados en Texas