«You Can't Always Get What You Want» —en galego: «Non sempre podes conseguir o que queres»— é unha canción da banda británica de rock The Rolling Stones incluída no seu álbum Let It Bleed, editado en 1969. Escrita por Mick Jagger e Keith Richards, foi colocada no 2004 no posto 100 dentro da lista de Rolling Stone das 500 mellores cancións de todos os tempos.

Inspiración e composición Da canción, Jagger dixo en 2003:

Na súa recensión da canción, Richie Unterberger dixo:

O tres versos (xunto co cuarto verso con tema variado) conteñen os maiores tópicos da década dos 60: amor, política e drogadicción. Cada verso captura a esencia dun optimismo inicial e a desilusión posterior, seguido polo resignado pragmatismo do coro. Unterberger conclúe da canción:

Gravación e lanzamento A canción foi gravada o 16 e 17 de novembro de 1968 nos Olympic Sound Studios de Londres. Conta coas participacións do London Bach Choir, que inicia a canción cunha poderosa apertura; Jimmy Miller, produtor por aquel entón dos Rolling Stones, na batería, substituíndo a Charlie Watts; Al Kooper ao piano, órgano e corneta; Rocky Dijon tocou as congas e as maracas. Nanette Workman, que acompañou a Jagger durante a interpretación, foi acreditada no disco como "Nanette Newman".

En certo momento, máis concretamente na terceira estrófa, o tema fala dun tal “Mr. Jimmy”. Hai varias teorías sobre de quen se trata: unha delas refírese ao produtor dos Stones, Jimmy Miller, pero a outra é moito máis interesante. Jimmy Hutmaker, era un personaxe coñecido en Excelsior, Minnesota. Aquel individuo dedicábase a andar polo distrito comercial da localidade. Coñecido como “Mr. Jimmy”, o personaxe tiña algúns problemas, aínda que parecía máis ou menos lúcido, a pesar de falar moito consigo mesmo. Todos os días, "Mr. Jimmy" ía de tenda en tenda durante toda a xornada e os donos, que xa lle coñecían, coidábanlle e dábanlle cousas. "Jimmy" faleceu en 2007.

Os Stones tocaron en Excelsior por primeira vez en 1964. Non foron ben recibidos. Mick Jagger foi a unha tenda local para comprarse un refresco de cereixa -como di a canción, o seu sabor favorito. Naquel momento o refresco dispensábase directamente na tenda, onde se almacenaba nun distribuidor que tiña cereixas reais dentro. Con todo, na tenda á que foi Jagger, non había cereixas, só o refresco. Detrás disto estaba "Mr. Jimmy", que lle dixo: “You can't always get what you want” (non sempre podes ter o que queres).

Conta a lenda que "Mr. Jimmy" apareceu no concerto dos Stones ao día seguinte e que Mick Jagger mandou unha limusina a recollerlle, aínda que tamén se di que, como moitas outras veces, foron os donos das tendas os que lle conseguiron a entrada.

A canción foi orixinalmente lanzada como lado B de «Honky Tonk Women» en xullo de 1969. Aínda que non apareceu nas listas desa época, London Records relanzou o sinxelo en 1973 e «You Can not Always Get What You Want» alcanzou o número 42 no Billboard Hot 100 e o número 34 no Cashbox Top 100.

Unha das gravacións máis populares dos Stones, desde entón apareceu nos álbums compilatorios: Hot Rocks 1964-1971, Singles Collection: The London Years, Forty Licks, Rolled Gold+: The Very Best of the Rolling Stones, Singles 1968-1971, Slow Rollers e GRRR!. As gravacións en directo desta canción pódense atopar nos álbums Love You Live, Flashpoint, Live Licks, e The Rolling Stones Rock and Roll Circus (este último con Brian Jones na guitarra).º

Na cultura popular

No cine

Foi usada durante o funeral na escena inicial da película nomeada ao Óscar The Big Chill de 1983. Aparece na secuencia final da película 21: blackjack.

Na televisión

A canción foi usada en polo menos cinco episodios da serie televisiva do drama médico da cadea Fox House. Aparece no episodio piloto cando Gregory House, o protagonista da serie, trata de zafarse do traballo imposto pola súa xefa, a Dra. Cuddy, e cita o título da canción: "en opinión do filósofo Jagger, non sempre podes obter o que desexas". Cuddy despois respóndelle: "o filósofo que mencionaches tamén di que tentándoo conséguese o que se necesita". A introdución da canción tocouse ao final do episodio. No último episodio da primeira tempada (Honeymoon), escóitase a canción de novo cando House tenta camiñar sen o apoio do seu bastón, pero sen éxito. A escena termina dramaticamente con el botando un dos seus analxésicos ao aire para despois ser capturado pola súa boca. A canción escóitase ao final do primeiro episodio da tempada 3, Meaning, cando House entra á oficina de Wilson e róuballe unha das súas receitas para falsificar a súa firma e conseguir máis Vicodin e no capítulo final da tempada 4 mentres está camiño ao "Ceo" con Amber, a noiva de Wilson. Por último escóitase o inicio da canción ao final do capítulo 19 da sétima tempada, no cal Masters decide non seguir traballando para House. Aparece no episodio piloto da serie dramática televisiva Californication en 2007. A canción foi usada durante a escena de apertura a maneira de parodia da película The Big Chill, tamén foi usada para pechar o episodio 12 da cuarta tempada. Os Simpsons parodian á canción no capítulo "Non sempre podes dicir o que queres" (You Kent Always Say What You Want). Tamén aparece nun episodio da serie de drama médico de FX Nip/Tuck, e durante a cobertura de ESPN da NFL Draft do 2007. En 2009, a repartición da serie de televisión Glee gravou a súa versión da canción para o episodio Sectionals.

Versións doutros artistas En 1971, o pianista de jazz Vince Guaraldi realizou un cover desta canción para o seu álbum Oaxaca. En 1981, seguiulle a versión de Aretha Franklin, lanzada para o seu álbum Love All the Hurt Away. En 1990, o cantante inglés George Michael usou o coro da canción para o seu hit «Waiting For That Day». Tanto Jagger como Richards recibiron o seu crédito como compositores da canción. En 1992, a banda de rock inglesa Def Leppard lanzou unha versión acústica da canción como Lado-B do seu sinxelo «Have You Ever Needed Someone So Bad». (Esta versión nunca foi oficialmente lanzada nos Estados Unidos.) O músico de blues Luther Allison versionouna en 1997 para o álbum tributo a The Rolling Stones Paint it Blue: Songs of the Rolling Stones. En 1998, a banda jam Rusted Root incluíu unha versión no seu homónimo cuarto álbum. Con todo, a versión máis infrecuente foi lanzada en 2001 cando a banda reggae Steel Pulse gravouna para o disco tributo Paint It Black: A Reggae Tribute to the Rolling Stones. O grupo de caridade Band from TV lanzou unha versión que foi incluída na banda sonora da serie de televisión da cadea Fox House. Tim Ries, saxofonista habitual de The Rolling Stones, incluíu unha versión en clave de jazz no seu disco Stones World: The Rolling Stones Project II, en 2008.

Persoal O persoal acreditado utilizado na gravación da canción foi o seguinte:

The Rolling Stones

Mick Jagger: voz, guitarra acústica Keith Richards: guitarra eléctrica, guitarra acústica, coros Bill Wyman: baixo

Persoal adicional London Bach Choir: coros Jack Nitzsche: arranxos corais Al Kooper: piano, órgano, trompa Jimmy Miller: batería Rocky Dijon: congas, maracas e pandereita Madeline Bell: coros Nanette Workman: coros (acreditada como 'Nanette Newman' no LP) Doris Troy: coros

Posicionamento nas listas Listas (1973)Mellor posición (RPM Top Singles)68 (Billboard Hot 100) 42 (Cash Box Top 100)34

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Letra completa desta canción en Genius.com, .

Categoría:Cancións de 1969 Categoría:Cancións en lingua inglesa Categoría:Cancións de The Rolling Stones Categoría:Sinxelos de 1969