Uhuru, tamén coñecido como Explorer 42 e como SAS 1 (acrónimo de Small Astronomy Satellite 1), foi un observatorio espacial da NASA lanzado o 12 de decembro de 1970 mediante un foguete Scout B desde a plataforma de lanzamento San Marco.
Características Uhuru foi o primeiro da serie de observatorios espaciais SAS para o estudo do ceo en lonxitudes de onda enerxéticas. A misión principal do observatorio foi facer un catálogo de fontes en raios X no rango entre 2 e 20 keV.
O observatorio tiña forma de cilindro duns 56 cm de diámetro e 116 cm de longo. Do cilindro saían catro paneis solares que proporcionaban case 10 W de potencia e alimentaban unha batería de níquel-cadmio de 6 A-h de capacidade. Uhuru estabilizábase grazas a un volante de inercia e un sistema de control por torque magnético co que poder apuntar o eixo da nave a calquera punto do ceo. Tras finalizar a súa misión, o observatorio reentrou na atmosfera terrestre o 5 de abril de 1979.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Scout B Explorer 48 Explorer 53
Categoría:Programa Explorer