miniatura|Imitación primeiro na oitava e logo no M6 en "Chromatic Invention" (en galego, "Invención cromática") de Bartók, Mikrokosmos (1926-1939), vol. III, núm. 91, mm. 1-4. . En música, a imitación é a repetición posterior dun patrón musical nunha forma diferente, pero mantendo o seu carácter orixinal. Un canon é unha forma baseada na imitación.
En contrapunto, dáse unha imitación normalmente pola segunda voz, usualmente nunha altura diferente. Cando unha frase repite exactamente o mesmo que apareceu antes, chámase imitación estrita.
A escritura imitativa está presente na maioría das composicións polifónicas do Renacemento e o Barroco.
Na música pop unha forma máis estereotipada de imitación consiste no coro de fondo que repite as últimas notas do cantante principal.
Notas
Categoría:Terminoloxía musical Categoría:Teoría musical