O Premio Literario Pinto e Maragota é un galardón literario convocado polo Concello de Pontevedra en colaboración con Edicións Xerais de Galicia que ten como finalidade eliminar os prexuízos e as invisibilidades que afectan a diversidade sexual e de xénero. Comezou a súa andaina en 2020.

As obras que poden optar ao premio son tanto novela, como teatro ou poesía e non hai limitacións polo seu público destinatario. Ten un único premio remunerado con 3000 euros.

Obras gañadoras

2021 (I edición): Cobiza, de María Reimóndez. 2022 (II edición): Estranxeiras de Carmen P.G. Granxeiro. 2023 (III edición): Todo o que doe de Carmen Caramés. 2024 (IV edición): Askja, de Antonio Manuel Fraga. 2025 (V edición): As esquinas, de Miguel Calvo Marques.

Notas

Pinto e Maragota Categoría:Pontevedra Categoría:Edicións Xerais de Galicia Categoría:LGBTIQ+