A Praza Central (en finés Keskustori ) é unha praza situada no centro da cidade de Tampere, Finlandia. A praza é atravesada por Hämeenkatu e está bordeada polas rúas Aleksis Kiven katu e Satakunnankatu e no seu extremo oriental polo Tammerkoski. Nela encóntranse algúns dos edificios máis emblemáticos da cidade, como a Raatihuone, a Igrexa Vella, a Antiga Biblioteca, a antiga fábrica de papel Frenckell, o Teatro de Tampere, ou as casas do Comercio, Palander ou Sumelius. O nome de Keskustori foille dado en 1936, cando se renovou boa parte da nomenclatura da cidade, ata ese momento se chamaba "Kauppatori" ("Praza do Mercado").
De planta case rectangular, trátase dunha praza de grandes dimensións, cunha lonxitude de 410 metros no seu lado máis longos e 60 metros no seu lado máis estreito. A súa superficie é dunhas 3,3 hectáreas. Está dividida en diferentes sectores: ao norte sitúase "Frenckellinaukio", ao sur "Puutarhakatu", e o sector ao sur de Hämeenkatu é coñecido como "Jugendtori". A área do parque recibe nomes superpostos, dos cales os máis coñecidos son "Kirjastonpuisto" ("Parque da Biblioteca") ou "Vanhankirjastonpuisto" ("Parque da Biblioteca Vella"), e "Vanhankirkonpuisto" ("Parque da Igrexa Vella"), se ben a toda a área do parque se lle chama ás veces Koskipuisto, aínda que o Koskipuisto oficialmente está situado na outra beira do Tammerkoski.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Prazas de Tampere