Diminución, en música, é un termo utilizado para diferentes fins no contexto dun intervalo, escala, acorde ou nota. Diminución de intervalos Un intervalo presenta unha diminución se un intervalo menor ou perfecto é reducido por un ton cromático. Desta forma, un trítono, por exemplo representa un semiton cromático diminuído dunha quinta xusta. Un intervalo de sétima diminuída é sinónimo sonoro dun intervalo de sexta maior, soan igual aínda que a nota se chame distinta: a sétima diminuída de dó é sib e a sexta maior é la. Sib e la son notas "enharmónicas", concepto para referirse a notas que soan igual pero que se chaman distinto. Os intervalos ou acordes diminuídos empréganse frecuentemente en jazz, pero non tanto, debido a que xeran unha tensión de moita cor, polo que en xeral os músicos non saturan con ela.

Escala diminuída Un exemplo de escala diminuída sería:

La dim: la si dó re mib fa fa# sol# la

Son fáciles de construír: simplemente comézase na nota desexada, e desde alí agrégase en forma alternada un ton e un semiton, até completar a escala. RaízTonSemiTonSemiTonSemiTonSemilasidóremibfasolblabla

Acordes diminuídos A partir dunha escala diminuída pódense formar tríades diminuídas utilizando la, dó e a mi bemol (raíz, terceira menor, quinta diminuída).

Nun acorde de sétima diminuída téñense 4 notas cada unha das cales forma unha terceira diminuída, o que leva a un mínimo de transposición. En última instancia só existen tres acordes de sétima diminuída diferentes: (exemplo: dóDim7 contén as notas dó, mib, solb, la, igual que os acordes de sétima diminuída con raíces mib, solb e la).

Na maioría das partituras dóDim ou dó° refire a un acorde de sétima diminuída (acorde de catro notas) con raíz dó, mentres que dóm-5 ou dómb5 representa unha tríade diminuída de raíz dó. Porén, nalgúns libros modernos de jazz e algunha teoría musical dódim ou dó° representa unha tríade diminuída, e dódim7 ou dó°7 denota un acorde de sétima diminuída.

Diminución aplicada ás notas Neste contexto refire á diminución da duración das figuras, procedemento utilizado en música clásica, que se indica coa expresión «Alla breve». Así por exemplo unha melodía formada por corcheas medirase e interpretarase coma se fosen semicorcheas, ou, dito doutro xeito, un tempo de 4/4 interpretarase como 2/2. Esta técnica era común no contrapunto e o canon.

Diminución na música antiga Na música barroca e do Renacemento, o termo diminución aplícase a un estilo de ornamentación, que implica tamén o «completamento» ou improvisación ao momento de interpretar unha partitura, concibida naquela época como unha guía e non unha representación exacta da música. Neste caso a diminución implica a división dunha figura en varias de menor duración, que en conxunto respectan a duración orixinal.Ornamentación en la música barroca temprana.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Academia musical de Indias:Interpretación da música barroca Glosario musical

Categoría:Terminoloxía musical