Richard Anthony Abdy, nado en 1970, é un numismático británico vinculado ao Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico."Abdy, Richard". En Coins Weekly. 5 de abril de 2017."Richard Abdy". The British Museum.

Traxectoria Abdy graduouse en Historia na Universidade de Glasgow en 1992 e especializouse na Britannia romana e os seus sistemas de fronteiras, e sinaladamente ocupouse dos achados monetarios da contorna da Muralla de Antonino, sobre os que versan varias das súas publicacións.

Logo da súa graduación traballou en diversas institucións como conservador de moeda romana, sobre todo do Baixo Imperio e nas etapas iniciais do Imperio Bizantino.

Ingresou no Museo Británico en 1993 como asistente do Departamento de Antigüidades Gregas e Romanas, e desde 1998 ocupa o posto de conservador de antigüidades da Idade de Ferro e da moeda da Antiga Roma no Departamento de Moedas e Medallas."Department of Coins and Medals: Staff". The British Museum.

Recoñecementos (2002 e 2013). Premio Lhotka, da Royal Numismatic Society, de Londres."The Lhotka Memorial Prize". The Royal Numismatic Society. (2011): Premio Gilljam de numismática do século III, da Royal Numismatoc Society."The Gilljam Prize for Third-Century Numismatics". The Royal Numismatic Society.

Publicacións

Escolma de artigos (2004). "The second-known specimen of a coin of Domitian II recorded in a hoard from Oxfordshire". En Revue numismatique, 160. Páxinas 219-221. (2005). "Two important new Roman coins" (con N. Harling). En Numismatic Chronicle, 165. Páxinas 175-178. (2009). "The Domitian coin from Chalgrove: a Gallic emperor returns to history". En Antiquity, 321. Páxinas 751-757. (2012). "Coin hoards from the British Isles 2012". En British Numismatic Journal, 82. Páxinas 230-244. (2014). "Chronology of Sabina’s coinage at the Roman mint ". En Revue numismatique, 171. Páxinas 73-91.

Escolma de monografías (2002). Romano-British Coin Hoards. Shire Pub. ISBN 978-0747805328. (2002). Coin Hoards from Roman Britain (con I. Leins e J. Williams). Royal Numismatic Society. Special Publications, 36. ISBN 9780901405685 (2007). From AD 117-138 Hadrian (con P. F. Mittag). Spink, Londres. ISBN 9781912667185 (2008). Roman Army: pocket dictionary. British Museum, Londres. ISBN 9780714131269 (2010). The Gloucester hoard and other coin hoards of the Britannic empire (con F. López e E. Besly). Moneta, Wetteren. ISBN 9789077297810 (2011). Vagnari: il villaggio, l'artigianato, la proprietà imperiale. Edipuglia, Bari. ISBN 9788872286081 (2013). Coins and the Bible (con Amelia Dowler). Spink, Londres. ISBN 978-1907427305

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico

Categoría:Nados en 1970 Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Galardoados co premio Lhotka Categoría:Alumnos da Universidade de Glasgow Categoría:Persoas relacionadas co Museo Británico