Os Omaha Storm Chasers son un equipo de béisbol estadounidense das Ligas Menores (Minor League Baseball) con sede en Papillion, Nebraska, unha localidade situada na área metropolitana de Omaha. O club, de clase Triple-A, compite na Midwest Division da International League. Desde a súa fundación en 1969, como membros American Association, están afiliados aos Kansas City Royals da Major League Baseball. Entre 1998 e 2020 competiron Pacific Coast League (PCL) como membro da American Conference e da Northern Division. O equipo disputa os seus xogos como local no Werner Park, un estadio inaugurado en 2011 con capacidade para 9.023 espectadores. Anteriormente xogaban no xa desaparecido Johnny Rosenblatt Stadium, situado na propia Omaha, o cal era o estadio máis grande das Ligas Menores con capacidade de até 23.145 espectadores.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Equipos das MiLB