Odilón, tamén coñecido como Odilo, Oatilo ou Uatilo, nado en data e lugar descoñecidos, e finado o 18 de xaneiro de 748 foi duque de Baviera, desde o ano 736 até a súa morte.
Traxectoria Descoñécese o parentesco preciso de Odilón, pero sábese que era descendente dos axilolfingos e que era o tío de Suanaquilda, a segunda esposa de Carlos Martel, mordomo de palacio dos tres reinos de Austrasia, Neustria e Borgoña que, durante catro anos, do 737 ao 741, foi raíña dos francos, aínda que non tiña o título.
Segundo algúns, era fillo de Gotfrido (? -709) da familia dos axilolfingos. De ser así, os seus irmáns eran Lantfrido, duque de Alamanis xunto co seu outro irmán Teudebaldo, e de Huochingo e Regardo, que casou con Ildeprando, duque de Espoleto.
No 739 sucedeu a Huberto I de Baviera, como duque de Baviera.Foundation for Merovingian Nobility: Odilo No mesmo ano Odilón invitou ao futuro arcebispo de Maguncia, Bonifacio, a ir ao ducado, onde permaneceu durante moitos días para difundir o Evanxeo entre os seus súbditos. Odilón presidiu con Bonifacio a división de Baviera en 4 dioceses, nomeando os bispos de Ratisbona, Freising (Frisinga), Passau e Salzburgo, seguidos despois, no 741, por un quinto, o de Würzburg.Rerum Gallicarum et Francicarum Scriptores, tomus tertius: Ex vita Sancti Bonifaci episcopi maguntini, p. 675
Despois da morte do seu marido, Carlos Martel, que tivo lugar en 741, segundo o anónimo continuador do cronista Fredegario, en 742, a súa sobriña, Suanaquilda, aconsellou á súa fillastra, Hiltruda, filla do seu falecido marido, que cruzase o Rin escoltada por algúns dos seus amigos e contra o consello dos seus irmáns, Carlomán e Pipino, para coñecer ao duque de Baviera, Odilón, que a obrigou a casar con el contra a súa vontade.Fredegario, Fredegarii scholastici chronicum continuatum, Pars tertia, auctore anonymo austrasio, CX.(Segundo os monxes do Ex Chronico Sigeberti, Odilón secuestrou a Hiltruda e obrigouna a casar con el).Rerum Gallicarum et Francicarum Scriptores, tomus tertius: Ex Chronico Sigeberti monachi, p. 348.
En 743 Odilón rebelouse contra a autoridade dos francos, xunto co duque alamán (e quizais o seu irmán) Theodebaldo, forzando así aos seus cuñados, Carlomán e Pipino, a reunir un exército para atacar Baviera.Fredegarii scholastici chronicum continuatum, Pars tertia, auctore anonymo austraso, CXII Acamparon á beira do río Lech, mentres que na beira oposta reuníronse non só bávaros senón tamén saxóns, suevos e alamáns.Annales Mettenses, p. 33 Ao non poder cruzar o río nese punto, despois duns días, Carlomán, despois de dividir o exército en dous grupos, atravesouno pola noite, por zonas pantanosas e deshabitadas, e derrotou inesperadamente aos seus adversarios, Annales Mettenses, p. 34 mentres Odilón e Teodorico, duque dos Saxóns fuxían polo río Inn.Rerum Gallicarum et Francicarum Scriptores, tomus tertius: Annales Francorum Ludovici Dufour, p. 704 Os francos fixeron moitos prisioneiros, incluído ao mensaxeiro do papa, Serxio, que convenceu aos francos para que regresasen á súa terra.
No 744 Carlomán e Pipino volveron intervir en Baviera e, despois de derrotalo, Carlomán fixo as paces con Odilón: Odilón aceptou ser vasalo dos francos, pero seguiu sendo duque de Baviera.
En 746, Odilón, seguindo a vontade de Pipino, elixiu a Virxilio como bispo de Salzburgo.Rerum Gallicarum et Francicarum Scriptores, tomus tertius: Ex vita S. Virgili episcopi Salzburgensis, p. 675
Odilón morreu o 18 de xaneiro de 748,Annales Mettenses, p. 41 e pouco despois o seu sobriño, o fillo de Suanaquilda, Grifón, que tamén era o seu cuñado, chegou a Baviera. Grifón foi ben recibido pola súa media irmá, Hiltruda, a viúva de Odilón, rexente en nome do seu fillo o novo duque, Tasilón III.Annales Mettenses, p. 42 Grifón, aducindo razóns dinásticas (como fillo dunha princesa de Baviera, Suanaquilda) usurpou o trono de Tasilón III, un neno de 7 anos. Sabendo isto, Pipino foi a Baviera e capturou a Grifón,Rerum Gallicarum et Francicarum Scriptores, tomus tertius: Annales Francorum Ludovici Dufour p.705 e despois de reconfirmar no seu trono ducal ao seu sobriño Tasilón, levou consigo ao reino dos francos a Grifón, que recibiu doce condados en Neustria.
Descendencia Odilón e Hiltruds tiveron un fillo, Tasilón III (742-794), último duque de Baviera da Casa dos Axilolfinga, até o 787 cando, acusado de traizón por Carlomán no xuízo da asemblea de Cannstatt, foi preso e destituído. Notas
Véxase tamén
Outros artigos Francos Baviera Dinastía Axilolfinga Ducado de Baviera Historia de Francia
Categoría:Historia de Alemaña Categoría:Imperio carolinxio