miniatura|Bandeira do Primeiro Ministro de Israel O Primeiro ministro de Israel é o xefe do goberno do Estado de Israel. É a figura política máis importante do país e a Lei Básica de Israel: o goberno (1968, emendada en 2001) regula as súas responsabilidades así como o funcionamento do executivo. Tanto a súa oficina como a residencia oficial están en Xerusalén. Dende 2021 exerce o cargo Naftali Bennett. O primeiro en exercer o cargo foi David Ben-Gurion en 1948 e o primeiro ministro que máis tempo estivo no cargo foi Benjamin Netanyahu, cun total de 15 anos e 92 días de servizo.
Designación O Primeiro Ministro de Israel é proposto polo Presidente do Estado, quen, logo das eleccións lexislativas, escolle a un membro do parlamento como candidato. Este dispón de 28 días para propor á Knesset unha lista de ministros e un programa de goberno. De recibir a confianza parlamentaria, os ministros comezan a exercer as súas funcións, sendo responsables ante o primeiro ministro. Ademais, o primeiro ministro pode asumir algún ministerio. Así, ata 2021, sete primeiros ministros compatibilizaron o seu cargo co de ministro, sendo a de Defensa a carteira predilecta.
Entre 1996 e 2001 o primeiro ministro era directamente escollido pola cidadanía nunhas eleccións diferentes ás parlamentarias. Dende a fundación do cargo en 1948, todos os primeiros ministros formaron gobernos de coalición co obxectivo de asegurar o respaldo da Knesset.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Knesset Presidente de Israel
Ligazóns externas:
Web oficial da Oficina do Primeiro Ministro (en inglés)
Categoría:Política de Israel