Meniñas da saudade foi un grupo de gaitas feminino de Ribadeo, creado baixo o impulso e patrocinio dos irmáns Suárez Couto. Xurdiu en 1961, antes da xira de Santa Cruz, e fixo a súa última actuación o día de reis de 1997. É considerado o primeiro grupo de gaiteiras de Galicia, e mesmo quizais tamén a nivel internacional.

Traxectoria Estivo constituído no seu comezo por Teresa Amor, María Dolores Ponte, Elena Fernández, María Carmen Carnota, Concepción Redondo, María Cubero e Teresa Rodríguez, variando a súa composición e o número de gaiteiras, tocando ata dobre número do inicial. O repertorio da formación estaba integrado por composicións propias e adaptacións de pezas populares. A composición das pezas propias corría a cargo de Amadora Suárez Couto. O seu instrutor era Primitivo Díaz Pérez.

A indumentaria que usaban era a típica ribadense do século XVIII e para confeccionar os seus traxes documentáronse na Real Academia Galega, no Ballet Gallego Rey de Viana e en cadros do pintor ribadense Dionisio Fierros.

Foron gravadas en diversos documentais, como Así es Galicia (Santos Núñez 1964), o NO-DO, e programas como Luar.Las Riberas del Eo, 20/6/1964.

No 2013 o concello de Ribadeo adicoulle unha rúa.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Gaiteiros de Galicia Categoría:Ribadeo Categoría:Grupos galegos de música tradicional