Richard Noel "Dick" Richards, nado en Key West, Florida, o 24 de agosto de 1946, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-28, STS-41, STS-50 e STS-64.

Traxectoria Richard graduouse en enxeñaría química pola Universidade de Missouri en 1969 e é máster en sistemas aeronáuticos pola Universidade do Oeste de Florida en 1970.

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en maio de 1980, participando nas misións STS-28, STS-41, STS-50 e STS-64 e pasando un total de 33,90 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-28 STS-41 STS-50 STS-64

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1946 Categoría:Nados en Florida