A Oficina de Igualdade de Xénero da Universidade de Santiago de Compostela é un organismo que puxo en funcionamento dita universidade en 2006 e que ten como misión fundamental a de "levar a bo termo o compromiso da Universidade de Santiago de Compostela coa sociedade na consecución da igualdade real entre homes e mulleres, asumindo os principios de dignidade humana con independencia do sexo das persoas, igualdade e equidade de xénero como elementos fundamentais da actividade universitaria".
Para acadar a igualdade a oficina leva a cabo distintas activividades como os premios á introdución da perspectiva de xénero, iniciativa seleccionada polo European Institute for Gender Equality (EIGE) como boa práctica de “Integración da igualdade de xénero nas universidades e centros de investigación europeos” e incluída na ferramenta en liña (GEAR tool), e a actividade Unha enxeñeira ou científica en cada cole.
Estivo dirixida por Isabel Diz Otero, Trinidad de Miguel Bouzas e Eva Aguayo Lorenzo .
Publicacións
Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes da USC (2009-2011). II Plan estratéxico de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes da USC (2014-2018).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns
Oficina de Igualdade de xénero da USC.
Categoría:Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Igualdade de xénero