You Xie (謝盛友), nado en Hainan, na China o 1 de outubro de 1958, é un político alemán, candidato ás Eleccións ao Parlamento Europeo de 2019, xornalista e autor de orixe chinesa. Ten nacionalidade alemá dende 2010.

Traxectoria You Xie era fillo dun banqueiro e dunha mestra de escola de primaria. Naceu nunha época de fames na China. Medrou durante a Revolución Cultural e, por iso, non puido asisir á escola senón que houbo traballar no campo. De 1979 a 1983 estudou alemán e inglés na Universidade Sun Yat-Sen de Guangzhou. Tras graduarse, traballou como intérprete para Volkswagen en Shanghai.

En 1988, marchou estudar lingua e literatura alemás, periodismo e etnoloxía europea na Universidade Otto-Friedrich de Bamberg, Alemaña, onde se graduou, en 1993, cunha tese sobre as políticas de prensa do Partido Comunista chinés. Posteriormente, entre 1993 a 1996, estudou Dereito na Universidade Friedrich-Alexander de Erlangen-Nuremberg.

En 1989, Xie foi presidente da Asociación de estudantes e académicos chineses en Alemaña. En 1999, fundou o único periódico mensual en chinés que se editaba en Europa, o "European Chinese News", que se publicou até 2011. Dende 2006, tamén, foi editor da revista cristiá "Overseas Campus".

En 2010, foi seleccionado entre os "100 principais intelectuais públicos chinos" polo periódico chinés "Southern Weekly". Uniuse á CSU en 2012 e o 20 de abril de 2013, foi seleccionado como candidato para comité executivo do distrito por membros da Unión Social Cristiá (CSU) obtendo 141 de 220 votos, o mellor resultado de tódolos candidatos que se presentaban. En 2014, Xie foi elixido como concelleiro no concello de Bamberg coa maior cantidade de votos de tódolos candidatos da CSU.

Vida familiar You Xie é protestante e está casado con Shenhua Xie Zhang. Vive en Bamberg, onde dirixe un bar para estudantes, o China Fan Imbiss.

Obras seleccionadas

2013, Als Chinese in Bamberg. Bamberg: Erich Weiß Verlag, Bamberg. ISBN 978-3-940821-28-7 2004, 人在欧洲 (en chinés; en galego: A vida en Europa). Bamberg: China Fan Verlag, Bamberg. ISBN 3-9809119-0-X 2001, 微言德国 (en chinés; en galego: Mirando a Alemaña). Bamberg: China Fan Verlag. ISBN 978-3-00-007430-1

Premios e recoñecementos

Premio Central Daily News , Taipei 1994 Premio de Literatura en Lengua China PIAOMU (Ensayo), Nanking 2014 Premio Lotus de Literatura en Lingua Chinesa (Poesía), Beijing 2016 Premio do diario China Times na categoría "Poema", Hong Kong 2020

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Sitio web oficial Ficha no Catálogo da Biblioteca Nacional Alemá.

Categoría:Nados en 1958 Categoría:Nados en Hainan Categoría:Políticos de Alemaña Categoría:Xornalistas de Alemaña