Paulus ou Paul Edward Pieris Deraniyagala, nado en 1900 en Colombo e finado en 1976, foi un paleontólogo, zoólogo e artista srilankés.

Traxectoria Familia e formación Pieris Deraniyagala naceu en Colombo, e era fillo de Sir Paul Edward Pieris, funcionario e erudito, e de Lady Hilda Obeyesekere Pieris. Tiña un irmán máis novo, o pintor Justin Pieris Deraniyagala e unha irmá, Miriam Pieris Deraniyagala, actriz de teatro.

Fixo os seus estudos primarios e secundarios no S. Thomas' College, de Mount Lavinia, Colombo. Traladouse ao Reino Unido para estudar no Trinity College de Cambridge, onde obtivo un BA (Bachelor of Arts) en 1922 e un MA (Mestrado en Artes) en 1923. Despois ingresou na Universidade Harvard durante un ano, onde recibiu o MA en 1924.

Carreira P. E. Pieris Deraniyagala especializouse en fauna e en fósiles humanos do subcontinente Indio. De 1939 a 1963 foi o director do Museo Nacional de Ceilán, e de 1961 a 1964 foi decano da Facultade de Artes da Universidade Vidyodaya, situada en Gangodawila, Nugegoda, preto de Sri Jayawardenapura-Kotte, a capital do país.

Describiu varios fósiles e propuxo nomes científicos para especies e subespecies, con varios agora identificados como dubidosos, entre elas: Rhinoceros sinhaleyus, en 1936, para un rinoceronte extinto encntrado no distrito de Ratnapura. Hexaprotodon sinhaleyus, en 1937, pata un hipopótamo extinto. Leo leo sinhaleyus, en 1939, unha subespecie de león. Porén, a información sobre os dentes non é suficiente para determinar se difiere doutras subespecies. Panthera tigris sudanensis, en 1951, baseándose nunha pel de tigre que viu nun bazar do Cairo. Cando preguntou ao propietario da tenda pola orixe deste exemplar, díxolle que o animal fora cazado no Sudán. Vratislav Mazák pensou que é probable que a pel fose levada de contrabando de Irán ou Turquía a Exipto e comentou "a situación é medio humorística, medio irónica". Elephas maximus sondaicus, en 1955, un elefante extinto da illa de Xava, baseándose nunha ilustración dunha talla no monumento budista de Borobudur en Xava, tomada da revista National Geographic.Cranbrook, E.; Payne, J. & Leh, C. M. U. (2008): "Origin of the elephants Elephas maximus L. of Borneo" (PDF). Sarawak Museum Journal. Considérase un sinónimo do elefante indio (E. m. indicus).Elephas maximus indicus Cuvier, 1798 no MSW.

Durante as súas viaxes á China, estudou o aligátor da China, e publicou un novo nome de xénero. No campo científico da herpetoloxía describiu moitas novas especies de lagartos e serpes."Deraniyagala". En The Reptile Database. www.reptile-database.org.

Exerceu como presidente da filial de Ceilán da Royal Asiatic Society desde 1952 a 1955.

Epónimos Na honra de Deraniyagala foron nomeadas tres especies de réptiles de Sri Lanka:Beolens, Bo; Watkins, Michael; Grayson, Michael (2011). The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press . ("Deraniyagala", p. 70). Aspidura deraniyagalae, Lankascincus deraniyagalae, e Nessia deraniyagalai.

Vida Familiar Casou con Prini Molamure. Tiveron un fillo, Siran Upendra Deraniyagala, que é un famoso científico, especializado en arqueoloxía.

Abreviaturas As abreviaturas Deraniyagala e P. E. P. Deraniyagala empréganse pare recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas India - Sri Lanka: Search for a common past . Trátanse os traballos do doutor Paul E. P. Deraniyagala e do seu fillo, incluídos dous debuxos do primeiro.

Categoría:Científicos de Sri Lanka Categoría:Paleontólogos Categoría:Zoólogos de Sri Lanka Categoría:Nados en Colombo Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1976